Citoglobina: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
m Arranxos varios
Liña 29:
== O xene da citoglobina ==
 
Os estudos [[filoxenética|filoxenéticos]] feitos cos xenes das globinas mostran que a citoglobina e a [[mioglobina]] pertencen a un mesmo [[clado]] distinto do da [[hemoglobina]] e a [[neuroglobina]]. A globina ancestral da que proceden remóntase a máis de 450 millóns de anos.
 
A citoglobina de mamíferos ten unha lonxitude maior (190 aminoácidos) que a das outras globinas (140-150 aminoácidos). Isto débese a que ten unha extensión adicional duns 20 aminoácidos en cada extremo. A citoglobina prégase en oito [[hélice alfa|hélices α]] (ver [[pregamento de globina]]). Os residuos implicados nas globinas na fixación do oxíxeno están conservados tamén na citoglobina. Ademais dous dous [[intrón]]s (''B12.2'' e ''G7.0'') contidos nos xenes das outras globinas, o xene da citoglobina (CYGB) ten un terceiro intrón, o ''HC11.2'', preto do [[extremo 3’]] da rexión codificante. O último [[exón]] do extremo 3’ está ausente nos peixes, xa que foi adquirido máis tarde no decurso da [[evolución]] dos [[tetrápodo]]s.<ref name="r1"/>.
Liña 40:
A presenza de citoglobina nas [[neurona]]s formula varias cuestións sobre as súas funcións no [[sistema nervioso central]], xa que este tecido posúe a súa propia globina específica, a [[neuroglobina]]. Considérase que pode ter un papel potencial como doante de O<small>2</small> para certas reaccións encimáticas, entre outras a síntese do [[óxido nítrico|NO]] a partir de [[arxinina]] polas [[NO sintase]]s<ref>Leone A. M., Palmer R. M., Knowles R. G., Francis P. L., Ashton D. S., and Moncada S., (1991). Constitutive and inducible nitric oxide synthases incorporate molecular oxygen into both nitric oxide and citrulline. ''J. Biol. Chem.'' 266; 23790-23795. [http://www.jbc.org/content/266/35/23790.abstract]</ref>.
 
As funcións que se cre pode realizar a citoglobina son: facilitar a difusión do oxíxeno nos tecidos, recoller o [[óxido nítrico]] ou as [[especies reactivas do oxíxeno]], ou realizar unha función protectora durante o [[estrés oxidativo]]. <ref>{{Cita publicación periódica | author=Trent JT, Hargrove MS |title=A ubiquitously expressed human hexacoordinate hemoglobin. |journal=J. Biol. Chem. |volume=277 |issue= 22 |pages= 19538–45 |year= 2002 |pmid= 11893755 |doi= 10.1074/jbc.M201934200}}</ref>.
 
== Notas ==