Britanos: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m Arranxos varios
Liña 7:
Os outros habitantes da illa nese momento eran, ao norte destes ríos, os ''Caledonios, Maeatae, Attacotti etc.'', ou, logo, a confederación dos [[pictos]]; e sobre as costas galesas, os ''Hiberni'', ou [[gaels]] de Irlanda. Máis tarde chegaron os [[anglos]] e os [[saxóns]], asentados en inicio nas costas do Leste; os [[escotos]], vidos de Irlanda, e situados na parte occidental da [[Caledonia]].
 
Deste xeito, a definición abre a dupla cuestión do poboamento da illa de Bretaña, e do «carácter céltico» dese poboamento. Tal cuestión debe considerarse para dous períodos distintos que duran preto de mil anos: durante a prehistoria e a protohistoria da illa, antes da conquista romana dunha banda; durante a Alta Idade Media doutra banda.
 
== Orixes prehistóricas ==
[[Ficheiro:Britonia6hcentury.png|miniatura|dereita|200px|Mapa dos asentamentos britanos arredor do século VI d.C.]]
Os '''britanos''', é dicir, os antigos habitantes de [[Gran Bretaña]] na época inmediatamente anterior á conquista romana, comprendían numerosas tribos e pobos, cun carácter céltico comprobado, especialmente no Sur da illa e na foz do [[río Támese]]; entanto «cando e como as illas –Bretaña e Irlanda– se celtizaran é descoñecido» (Barry Raftery).
 
Se as relacións continuas co continente existían durante o [[período de Hallstatt]] (na primeira [[Idade de ferro]]), o certo é que a produción arqueolóxica das illas nesta época se mantén resoltamente autóctona.
 
Na época de [[La Tène]], existiu unha [[metalurxia]] do ferro nas dúas illas (desde o [[século -VII|século VII a.C.]]). Mais é preciso agardarmos ata o [[século -IV|século IV a.C.]] (e ata o II ou I en Irlanda), para que o material arqueolóxico mostre unha produción metalúrxica [[La Tène|laténiana]], e faltan totalmente paralelos da fase antiga de La Tène. Ao tempo, a «sociedade britana» revela innúmeros indicios dunha xerarquía moi forte, dominada por unha clase [[Aristocracia|aristocrática]], capaz mesmo de importar tales obxectos do continente.
 
A fins do [[século -III|século III a.C.]], aparecen emisións de [[moeda]] no Sur da [[Gran Bretaña|illa de Bretaña]]; mais ningunha moeda, no mesmo período, se ten descuberto na Irlanda.
 
Sen dúbida, salvo a posibilidade de incursións episódicas desde o continente (Norte da Galia, litoral atlántico), o poboamento das Illas británicas afunde as súas raíces na [[Prehistoria]].