Ollo simple: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xoio (conversa | contribucións)
ampliación
m Arranxos varios
Liña 2:
[[Ficheiro:Head morphology of Muscomorpha.svg|miniatura|250px|Cabeza dunha [[mosca]]. Sinalados co número '''12''', os oscelos, e co '''14''', os ollos compostos.]]

Os '''ollos simples''' ou '''ocelos''' son pequenas estruturas fotorreceptoras presentes en moitos animais, que funcionan como órganos da visión. Os ocelos están presentes en certos [[artrópodos]], [[cnidarios]], [[equinodermos]] e [[anélidos]].

Trátase principalmente de [[órgano]]s sensíbeis á [[luz]], pero poden teren outras funcións, como a detección do ciclo circadiano (é dicir, das oscilacións das variábeis biolóxicas en intervalos regulares de tempo), a visualización da [[polarización]] das [[Onda electromagnética|ondas electromagnéticas]] (á parte das [[luz|luminosas]]), ou a axuda á estabilidade no [[voo]] (nos organismos voadores).
Liña 13:
[[Ficheiro:Insecte ocelle diagram.png|miniatura|250px|'''Esquema dun ocelo dun insecto'''.
Tradución dos termos sinalados:
''Cornée'': '''córnea''';
''Cellules cornéagènes'': '''cél. corneóxenas''';
''Rhabdomère'': '''rabdómero''';
''Cellule pimentaire'': '''célula pigmentaria''';
''Rétinule'': '''retínula''';
''Axone'': '''axón'''.]]

A maioría dos [[insectos]] teñen un par de [[Ollo composto|ollos compostos]] relativamente grandes, localizados dorso-lateralmente na cabeza. Cada ollo composto está formado por un certo número de unidades llamadas [[omatidio]]s.

En adición aos ollos compostos, moitos insectos posúe tres '''ollos simples''' ou ''ocelos''', órganos sensíbeis á luz que se encontran sobre a cara dorsal ou frontal da cabeza, entre os ollos compostos. Por tanto, moitos insectos posúen dous tipos de órganos visuais, que teñen estruturas e funcionalidades moi diferentes.
Liña 21:
Este tipo de ocelo está constituído por unha [[córnea]] (lente) e por unha capa de [[célula]]s [[Fotorreceptor (bioloxía)|fotorreceptoras]] (células corneóxenas). A córnea pode estar fortemente curvada (por exemplo, nas abellas, nas libélulas e nos saltóns) ou ser plana (por exemplo, nas cascudas). O número de células fotorreceptoras pode variar desde algúns centos a varios milleiros.

O poder de [[refracción]] da lente non é xeralmente suficiente para formar unha imaxe. Os ocelos son raremente capaces de percibir as formas e están xeralmente adaptados para captar a intensidade luminosa. Debido á grande abertura e á débil percepción focal, son considerados máis sensíbeis que os ollos compostos.

O diámetro das interneuronas ocelares permiten supoñer que os ocelos perciben máis rapidamente que os ollos compostos.<ref>Martin Wilson (1978): "The functional organisation of locust ocelli". ''Journal of Comparative Physiology A: Neuroethology, Sensory, Neural, and Behavioral Physiology'' '''124''' (4): 297–316. doi:10.1007/BF00661380.</ref>

Os ocelos poderían axudar a manter a estabilidade durante o voo grazas á súa capacidade para detectar os cambios da luminositdade.<ref> Charles P. Taylor (1981): "Contribution of compound eyes and ocelli to steering of locusts in flight: I. Behavioural analysis". ''Journal of Experimental Biology'' '''93''' (1): 1–18.</ref> <ref>Gert Stange & Jonathon Howard (1979): "An ocellar dorsal light response in a dragonfly". ''Journal of Experimental Biology'' '''83''' (1): 351–355.</ref> Tamén xogarían un papel na visualización da polarización ou mesmo como detectores do ciclo circadiano.

Estudos recentes demostraron que os ocelos de certos insectes (especialmente os das libélulas e de certas avespas) son capaces de ver certos detalles particulares. A súa córnea forma unha imaxe no interior ou cerca das células fotorreceptoras.<ref>Eric J. Warrant, Almut Kelber, Rita Wallén & William T. Wcislo (Decembro 2006): "Ocellar optics in nocturnal and diurnal bees and wasps". ''Arthropod Structure & Development'' '''35''' (4): 293–305.</ref> <ref>Richard P. Berry, Gert Stange & Eric J. Warrant (Maio 2007): "Form vision in the insect dorsal ocelli: an anatomical and optical analysis of the dragonfly median ocellus". ''Vision Research'' '''47''' (10): 1394–1409.</ref> Certas investigacións demostraron que estes ollos son capaces de percibir os movementos.<ref>Joshua van Kleef, Richard Berry & Gert Stange (Marzo 2008): "Directional selectivity in the simple eye of an insect".''The Journal of Neuroscience'' '''28''' (11): 2845–2855</ref>

A investigación científica sobre os ocelos é de grande interese para a construción de pequenos [[Vehículo aéreo non tripulado|vehículos aéreos sen piloto]]. Os enxeñeiros que deseñan estes pequenos [[dron]]s,<ref name="UAV Systems">{{Cita libro | apelido = Gerin Fahlstrom, James Gleason | nome = Paul, Thomas| título = Introduction to UAV systems - 4th ed.| editorial = Wiley| ano = 2012| isbn = 978-1-119-97866-4}}</ref> enfrontan varios desafíos para o mantemento da estabilidade durante o voo destes aparellos, e inspíranse cada vez máis nos ocelos destes animais para superaren este tipo de problemas.<ref>Gert Stange, R. Berry & J. van Kleef (Setembro 2007): ''Design concepts for a novel attitude sensor for Micro Air Vehicles, based on dragonfly ocellar vision''. 3rd US-European Competition and Workshop on Micro Air Vehicle Systems (MAV07) & European Micro Air Vehicle Conference and Flight Competition (EMAV2007) '''1'''. pp. 17–21.</ref>
Liña 37:
[[Ficheiro:Anatomy of a jellyfish.svg|miniatura|180px|Ocelo dunha medusa na marxe da umbrela.]]

O s[[cnidarios]] son os [[invertebrados]] máis primitivos que posúen ocelos.

Como nos insectos, estes órganos tamén son fotosensíbeis. Porén, neste grupo, o ocelo é unha simple mancha ocular xeralmente distribuída ao chou no corpo.

Nas medusas a luz ten efecto en actividades conductuais, como nas [[migración animal|migracións]] e na [[reprodución]].

Parece que as medusas (por exemplo, as [[cubomedusas]]) que teñen os fotorreceptores máis modificados teñén tamén os comportamentos fóticos máis complexos.<ref>Martin V. J. (2002): "Photoreceptors of cnidarians". ''Can. J. Zool''. '''80''': 1703–1722.</ref>

== Gasterópodos ==
Numerosos caracois e limachas teñen ocelos na extremidade ou na base dos seus [[tentáculo]]s.<ref>Götting, Klaus-Jürgen (1994): "Schnecken". En: Becker, U., Ganter, S., Just, C. & Sauermost, R. ''Lexikon der Biologie''. Heidelberg: Spektrum Akademischer Verlag. ISBN 3-86025-156-2.</ref>

Estes órganos lles serven para distinguir a luz e e escuridade. Estes animais son principalmente nocturnos, e a visión non é pois un sentido moi desenvolvido.<ref>Chase R.: "Sensory Organs and the Nervous System". En: Barker G. M. (ed.): ''The biology of terrestrial molluscs''. Oxon, UK: CABI Publishing, 2001, ISBN 0-85199-318-4, pp. 179-211.</ref>
Liña 58:
* Stange, G. & J. Howard (1979): "An ocellar dorsal light response in a dragonfly". En: ''Journal of experimental Biology'' '''83''': 351–355.
* Taylor, Charles P. (1981): [http://jeb.biologists.org/content/93/1/1 "Contribution of Compound Eyes and Ocelli to Steering of Locusts in Flight: I. Behavioural Analysis"]. ''Journal of Experimental Biology'' '''93''' (1): 1-18.

* Warrant, Eric & Nilsson, Dan-Eric (2006): [http://www.cambridge.org/catalogue/catalogue.asp?isbn=9780521830881&ss=fro ''Invertebrate Vision'']. Cambridge University Press. ISBN 978-0-5218-3088-1.
=== Outros artigos ===