Plesiomorfía: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xoio (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m →‎top: Arranxos varios
Liña 1:
 
[[Ficheiro:Clado.JPG|miniatura|490px|O cladograma representa un carácter plesiomórfico (ancestral) ilustrado como un círculo negro, que neste caso é á súa vez simplesiomórfico, debido a que aparece en polo menos 2 grupos: A e B. O carácter ilustrado como un círculo gris é unha apomorfía, porque é derivado do antepasado, e á súa vez sinapomorfía, porque é compartido polo menos por 2 grupos: C e D. O carácter círculo branco, é unha apomorfía e, máis concretamente, unha autapomorfía, ao estar representado unicmente por un grupo: o E. Para evitar confusións, convén aclarar que A, B, C, D e E son [[taxon]]s existentes e F, G, H e I son antepasados comúns.]]
 
En [[bioloxía sistemática]] e, en particular, en [[cladística]], o termo '''plesiomorfía''' refírese ao estado ancestral ou primitivo dun [[carácter biolóxico|carácter]].
 
O concepto oponse ao de [[apomorfía]], que é o estado derivado de dito carácter.
 
Por exemplo, o [[quiridio]] (mans e pés con cinco dedos) é a condición ancestral das extremidades dos primitivos [[tetrápodos]] e é, por tanto, unha plesiomorfía.
 
A partir de dita condición primitiva, xurdiron diversos estados apomórficos, como as extremidades cun só [[dedo]] dos [[Equidae|cabalos]], as aletas dos [[cetáceos]] ou a atrofia das patas nas [[serpentes]].
 
As plesiomorfías non deben utilizarse para definir grupos [[monofilético]]s ([[clado]]s). O feito de compartiren un ou máis caracteres plesiomórficos non xustifica a creación de [[taxon]]s.
 
Así, durante décadas, os animais [[diblásticos]] ([[cnidarios]] e [[ctenóforos]]) agrupáronse no filo [[celentéreos]] polo feio de posuír só dúas follas embrionarias, [[ectoderma]] e [[endoderma]]; pero considérase que esta é a condición ancestral dos primitivos [[eumetazoos]] e, non existindo ningún carácter apomórfico que reúna a cnidarios e ctenóforos, é inadecuado formar un taxon con ambos os grupos sobre esa base.
 
A aparición dunha terceira folla embrionaria (o [[mesoderma]]) é unha apomorfía (novidade evolutiva) e, por tanto, si se xustifica agrupar a todos os animais [[triblásticos]] (con mesodermo, ademais de ectoderma a endoderma).