Ikurriña: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios
Sen resumo de edición
Liña 1:
{{Sen referencias|data=marzo de 2017}}
{{Bandeira |
Nome = País Vasco|
Liña 19 ⟶ 20:
 
Arana deseñou esbozos de bandeiras para outros territorios vascos, pero non se chegaron a difundir. A ikurriña, inicialmente símbolo de Biscaia, converteuse nuns anos en símbolo do [[País Vasco]], arreconchegando símbolos máis antigos como o ''[[lauburu]]'' ou o ''[[arrano beltza]]'' (aguia negra) do [[Reino de Navarra]]. Adoptouse como enseña oficial do País Vasco en [[1934]], pero foi ilegalizada polo goberno militar sublevado en 1936. Durante o goberno de Francisco Franco a súa exhibición foi duramente perseguida en España, o que a converteu nun símbolo anti-franquista. En parte por iso, foise popularizando no [[País Vasco francés]]. Durante os inicios da transición española trala morte de Franco, a súa exhibición seguiu sendo castigada en ocasións, pero relaxouse a presión. Así, por exemplo, o 5 de decembro de 1976, ó inicio dun partido de fútbol entre a Real Sociedad de San Sebastián e o Athletic Club de Bilbao, os capitáns de ambos equipos saíron ó campo portando unha ikurriña, sen ser detidos. O 19 de xaneiro de 1977 volveu a permitirse o seu uso en España, e en 1979 o estatuto do País Vasco recoñeceuna como a bandeira oficial.
 
[[Ficheiro:Flag of Saint-Pierre and Miquelon.svg|miniatura|dereita|[[Bandeira de San Pedro e Miquelón]], Francia.]]
 
Utilízana tamén os nacionalistas vascos en [[Navarra]]. No [[País Vasco francés]], aínda que non é oficial, é un símbolo aceptado pola práctica totalidade dos habitantes como símbolo cultural.
Liña 27 ⟶ 26:
 
Por isto algúns concellos navarros recorren a invitar a conselleiros da comunidade autónoma do País Vasco ás súas festas locais, podendo colgar así legalmente a ikurriña nas fachadas das casas consistoriais. Outros concellos navarros colocan a enseña nun lugar público destacado alleo ó consistorio, como se fai en varios municipios da comunidade autónoma vasca, onde si é legal que a ikurriña ondee na fachada, pero só cando se coloca a bandeira española en lugar preferente. Moitos outros concellos navarros limítanse a facer ondear as bandeiras oficiais.
 
A ikurriña é tamén un dos elementos que aparecen na bandeira de [[San Pedro e Miquelón]] (''Saint-Pierre-et-Miquelon''), colectividade francesa en [[Norteamérica|América do Norte]], representando a seu herdo cultural vasco.
 
[[Categoría:Símbolos do País Vasco]]