Faetonte: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Isili0n (conversa | contribucións)
*De contado > decontado.
m →‎top: Arranxos varios
Liña 9:
Iniciou decontado Faetonte o voo, sen dominar os cabalos, que ou ascendían demasiado e ameazaban incendiar a bóveda celeste, e de feito a parte queimada tornouse a [[Vía Láctea]] (hai outros mitos que explican a orixe desta), ou descendían súbitamente con perigo de evaporar as augas. Foi deste xeito como explica o mito a cor da pel dos africanos, o carro conducido por Faetonte queimou a súa pel, e do mesmo xeito reduciu a cinzas o seu territorio, [[Libia]], calcinándoo e converténdoo no [[deserto]]. Desesperada a Terra pide ao soberano dos deusses que interveña, e Zeus, alarmado, lanza o seu raio que mata a Faetonte, que cae dsede o ceo até dar no río Erídano, mentres os cabalos proseguen a súa carreira desbocados.
 
A dor da morte de Faetonte, desespera ás súas irmás, as [[Helíadas]], que terminan por ficar convertidas en [[chopo]]s, mentres o seu desconsolado amigo, [[Cicno]], tórnase nun [[cisne]].
 
== Véxase tamén ==