Monte Pelée: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
m →‎top: Arranxos varios
Liña 21:
O '''Monte Pelée''' ou '''Monte Pelair''', volcán novo situado en [[Saint Pierre]], na [[Martinica]], causou en 1903 a máis devastadora erupción volcánica da que se ten coñecemento.
 
Sábese que preto de 30 mil persoas morreron por causa desta erupción que deu unha completa nova concepción aos estudos [[vulcanoloxía|volcánicos]]. O [[fluxo piroclástico]], unha cinza volcánica con preto de 300 °C, cubriu 20  km ao longo de toda a cidade de Saint Pierre seguida pola lava, de aproximados 1000 °C.
 
O efecto do fluxo piroclástico é tan devastador que en tres minutos exterminou a vila, e derreteu casas e predios. As persoas foron encontradas queimadas, e mortas debido ás explosións.
Liña 34:
Para se ter noción da forza volcánica, rexístrase que conseguiu lanzar pedras do tamaño dunha casa. Ninguén na cidade sobreviviu, con excepción dun único home, [[Ludger Cilbaris]]. Tratouse dun preso no cárcere e, xustamente por iso, zafouse da morte. De feito, as varias capas de parede que constituíron a súa "cela" filtraron as partículas de magma que forman parte do fluxo piroclástico. Aínda así, o "home marabilloso" (como ficou coñecido) sufriu serias queimaduras e, antes de ser encontrado, pasou catro días de agonía, fame e medo até ser encontrado por catro estudantes.
 
Este evento foi un punto de inflexión nos estudos volcánicos e sábese que, pola idade xeolóxica do Monte Pelée, se produciron outras erupcións de iguais proporcións.
 
Hoxe, a pesar dos 30.000 habitantes de 1903, Saint Pierre conta con apenas 5.000 habitantes e o famoso monte é monitorado regularmente. No museo da cidade aínda se poden atopar varios obxectos que foron completamente deformados polo efecto.