Mare Moscoviense: Diferenzas entre revisións
Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios |
Modifico posicións [POS] |
||
Liña 1:
'''Mare Moscoviense''' (Mar de ''[[Gran Ducado de Moscova|Moscovia]]'' ou Mar de Moscova) é un [[mar lunar]]. Situado na conca Moscoviense, é un dos poucos mares ao [[Cara oculta da Lúa|lado oculto da Lúa]]. Ten un [[diámetro]] de 277 quilómetros<ref name="atlas" />, e unha [[área]] de 19 600 [[Quilómetro cadrado|quilómetros cadrados]].
Como a maioría dos mares lunares, foi formado polo impacto dun [[asteroide]] contra a Lúa, e a posterior inundación do cráter formado con lava, a que, ao solidificarse, formou un interior chairo e escuro de [[basalto]]. A gran diferenza de alturas entre o ''mare'' e o terreo circundante pode, talvez, explicar a pobreza en mares ao lado oculto; poucos impactos terían a enerxía suficiente como para fracturar a capa de roca máis grosa deste hemisferio e provocar vulcanismo.<ref name="atlas">Lunar prospector: Atlas Lunar: [http://lunar.arc.nasa.gov/science/atlas/mare/mmoscoviense.htm Mare Moscoviense] (http://lunar.arc.nasa.gov/science/)</ref> A capa basáltica do mar é bastante delgada, aproximadamente 1,5 km
O material da conca é do período [[Nectárico]], mentres que o material do cráter é do período [[Ímbrico Superior]].<ref name="atlas"/> A conca posúe unha irregularidade gravitacional ([[mascon]]).<ref name="basin"/>
|