Xuan Xosé Sánchez Vicente: Diferenzas entre revisións

político e escritor asturiano
Contido eliminado Contido engadido
m En gran parte tomado do artigo da wikipedia en español
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 15 de xullo de 2007 ás 18:21

Xuan Xosé Sánchez Vicente (1 de febreiro de 1949 en Xixón) é un escritor, ensaista e político asturiano.

Licenciado en filoloxía románica pola Universidade de Oviedo, profesor de secundaria desde 1972, participou no Surdimiento da literatura asturiana, foi un dos animadores do Conceyu Bable, secretario xeral do Partido Socialista Popular de Asturias ao se integrar este no PSOE foi concelleiro en Piloña (1979-1983), deputado provincial e membro da Xunta Xeral do Principado de Asturias preautonómica. En 1983 deixou o PSOE ao considerar que carecía de política autonómica e dun proxecto para Asturias. En 1985 fundou o Partíu Asturianista, sendo o seu presidente e deputado na Xunta (1991-1999)

Obra

Xuan Xosé Sánchez Vicente é un dos principais escritores en asturiano, tanto pola cantidade como pola calidade da súa obra, en 1979 publicou o seu primeiro libro, Esvilla de poesíes na llingua asturiana, recopilación de poemas asturianos anteriores ao Surdimiento; en Camín de señardaes (1980), recolle poemas escritos desde 1974. Séguelle Poemes de Xixón en 1981. En 1984 publicou a súa primeira novela La muerte amiya de nueche. En Cuentos de llingua afilada (1984) recolle a totalidade dos relatos escritos ata a data.

Publicou varias antoloxías de autores asturianos, Clásicos asturianos (1982), Clásicos asturianos. Lliteratura relixosa (1983), Antoloxía de la poesía del sieglu XIX" (2006), e tamén Poesíes asturianes completes de Xosé Caveda y Nava, con motivo de la dedicación de la semana de las letras asturianas al poeta de Villaviciosa.

El Pelayu (1985), foi a súa primeira peza teatral, centrada na figura de Paio. En 1992 recollería toda a súa produción teatral no volume Esta danza ye la vuestra, si ye que vos presta: teatru, obra completa.

En 1988 tira un novo libro de versos, De reidores costes, onde rompe coa súa anterior produción, achegándose máis á literatura da segunda xeración do Surdimientu.

Tamén publicou Crónica del Surdimientu (1975-1990) (1991), unha exhaustiva crónica do movemento literario que comenzou grazas a Conceyu Bable en 1975.

Tamén publicou traballos lexicográficos como o Diccionariu de la Llingua Asturiana (1988) e o Diccionariu Asturinu-Castellanu, Castellanu-Asturianu (1996).