Río Obi: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Liña 114:
[[Ficheiro: Berg Belucha.jpg|miniatura|A fusión rápida dos glaciares do Altai multiplica o risco de crecidas do Obi.]]
 
O seu principal afluente, o Irtysh, ten parte do curso superior (arredor do 30% da súa lonxitude total) en [[China]], que ten previsto, desde [[1997]], a construción de obras que conducirán a desviar unha parte importante das augas do río (como mínimo 20%), para regar os seus territorios áridos do noroeste.<ref>[http://fr.rian.ru/analysis/20060104/42849446.html La frontière russo-chinoise: une zone de tous les dangers écologiques], ''Ria Novosti''. Consultado o 16 de xuño de 2012. {{fr}}</ref> A rexión de Omsk depende das augas do Irtysh. A diminución do seu caudal podería ser catastrófica, reducindo os volumes de pesca local, o regado dos campos e privando á [[industria]] dunha parte doda seusúa subministrosubministración. As consecuencias ecolóxicas non serían menos graves, podendo desaparecer numerosas especies de peixes.
 
A [[contaminación]] das augas do Obi e dos seus afluentes polos residuos industriais e urbanos é moi grave e segue en aumento. A degradación da calidade das augas estaba localizada, até principios dos anos oitenta, sobre todo no curso superior do Obi e do Irtysh, é dicir, onda os lugares máis poboados e máis industrializados da Siberia occidental. Hoxe en día, como consecuencia do desenvolvemento das zonas de extracción petrolífera e gaseira, a contaminación é maior e chega até as rexións máis setentrionais. Os accidentes de [[oleoduto]]s, as fugas dos pozos e das estacións de bombeo, son as causas principais da contaminación dos cursos de auga e dos solos polos hidrocarburos. Os efectos destes efluentes son tanto máis inquietantes canto que se producen en medios de baixa capacidade de autodepuración.