Río Obi: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Liña 50:
=== Hidrografía ===
[[Ficheiro:River Ob.jpg|miniatura|O Obi conxelado en Novosibirsk.]]
A conca do Obi cobre en total unha superficie de arredor de 2.975.000&nbsp;km², incluíndo esta superficie unha zona [[estepa]]ria de 521.000&nbsp;km² pouco irrrigada que non dá lugar a ningunha aportaciónachega superficial e que, en consecuencia, non reforza o caudal do río.<ref>Artigo sobre o Obi da ''Encyclopaedia Universalis''.</ref> En función da consideración ou da exclusión deste espazo, esta conca é a quinta ou a sexta, ou a [[Lista de cuncas hidrográficas por superficie|sétima]], máis ampla do mundo despois das do [[Río Amazonas|Amazonas]], do [[Río Congo|Congo]], do [[Mississippi]], do [[Nilo]] e máis ou menos como a do [[Yeniséi]].<ref>Jacques Béthemont, ''Les grands fleuves'', p. 20.</ref> O sétimo posto sae de considerar o [[Mar Caspio]] e o [[Río da Prata]] cuncas hidrográficas.
 
A conca esténdese polo territorio de catro Estados: Rusia (73,77%) e Casaquistán (24,71%) que comparten case a totalidade da súa superficie, e China (1,51%) e Mongolia (0,01%) que non participan máis que de xeito marxinal.<ref>''Transboundary rivers flowing through EECCA countries and discharging into the Arctic Ocean and their major transboundary tributaries'', Nations Unies, p. 2 [http://www.unece.org/env/documents/2006/wat/ece.mp.wat.2006.16.add3.e.pdf Lire en ligne]. Consultado o 16 de xuño de 2012.</ref> Na súa maior parte (85%), está constituída pola chaira de Siberia occidental. O único relevo está formado por pequenos [[Outeiro (orografía)|outeiro]]s, chamados ''grivy'', con orientación suroeste - nordeste. Esta chaira é unha zona de inundación; os [[sedimento]]s acumuláronse en máis de 6000 metros de grosor sobre capas de terreos da [[Mesozoico|era secundaria]].<ref name="Radvanyi">Jean Radvanyi, L'Ob in ''Dictionnaire illustré des merveilles naturelles du monde'', Sélection du Reader Digest, 1977, p. 282.</ref> Estes extensos horizontes levan a marca das grandes [[glaciación]]s, coa presenza de numerosos rastros [[morena|morénicos]] e de [[Terraza aluvial|terrazas]] fluvioglaciares.