Iria Flavia, Padrón: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
Lameiro (conversa | contribucións)
Iria Flavia, a Adina de Rosalía
Liña 16:
Iria Flavia foi [[diocese de Iria|sé]] dunha das [[diocese]]s galegas de maior poderío na [[Baixa Idade Media]], ata que a sé foi trasladada a [[Santiago de Compostela]], cambio motivado pola importancia que estaba a adquirir a cidade compostelá con motivo do descubrimento dos restos do [[Santiago o Maior|Apóstolo Santiago]].
 
A igrexa, o adro e parte do contiguo [[cemiterio]] de Adina ocupan unha extensa necrópole datada a partir do [[século V]]. Nela está un dos [[Órgano (música)|órgano]]s máis valiosos de Galicia. Amais de lápidas e sartegos contemporáneos (como o de [[Camilo José Cela]] e os seus antergos), á beira da igrexa de Santa María consérvase unha ampla colección de sartegos e laudas, en distinto estado de conservación. Son sartegos monolíticos, escavados con forma antropomorfa e tampa tamén monolítica lisa ou en dobre estola. Nalgunhas das laudas aprécianse signos gremiais como nas de [[Igrexa de Santa María a Nova de Noia|Noia]]. Atopáronse tamén outros construídos con laxes, perpiaños ou ladrillos. Nalgúns casos consta que se trata de elementos construtivos de antigas obras romanas.
 
== Iria Flavia na literatura e na cultura popular ==
Iris Flavia coñécese popularmente co nome de ''Adina'' <ref>''Gran Enciclopedia Galega'', s. v. ''Adina''.</ref>. [[Rosalía de Castro]] refiriuse nos seus versos ó cemiterio anexo:
: ''O cemiterio da Adina''
: ''n'hai duda que é encantador''
: ''cos seus olivos escuros''
: ''de vellas recordazóns''.
 
Ou
: ''Ceboleiras que is e vindes''
: ''de Adina polos camiños''
: ''á veira do camposanto''
: ''pasái leve e paseniño''.
 
 
 
==Galería de imaxes==
Liña 31 ⟶ 46:
===Parroquias de Padrón===
{{Padrón}}
 
== Notas ==
{{listaref}}
 
==Véxase tamén==