Lusitanos: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m Arranxos varios
Liña 7:
A estrutura social lusitana estaba baseada nas gentilitates<ref>Francisco Martins Sarmento"Lusitanos, lígures e celtas"</ref> e sobre elas existía unha elite gobernada por un ''princeps'' elixido de entre a aristocracia; semella que tiñan tanto propiedades privadas (casa, gando) como comunais (terras de pasto, murallas) e guiábanse polo espírito bélico que os levaba a organizar expedicións non de conquista pero si de botín como ritual de paso da xuventude. Podían usar da súa forza empregándose como mercenarios en exércitos estranxeiros.
 
O seu hábitat repartíase entre poboados fortificados (castros)<ref>Virgílio Correia"Conímbriga: noticia do «Oppidum» e das escavações nele realizadas. Coimbra, Tipografia da Gráfica de Coimbra, 1936</ref> e granxas; o comercio levábase a cabo mediante o pago en metálico (lingotes de prata) ou o intercambio de bens con agasallos, as rutas comerciais eran axilizadas usando curraghs (barcos de coiro e vime) ou troncos baleirados<ref>Joaquina Soares "Embarcacións tradicionais do Sado"2008</ref>.
 
A explotación mineira levábase a cabo en escavacións superficiais de filóns mentres que os ourives e ferreiros se movían por todo o territorio traballando segundo as demandas e conseguindo un alto nivel en trebellos de luxo, como son as famosas lúnulas (como a moi famosa lúnula lusitana de Chao de Lamas) con técnicas de repuxado; tamén se traballou o ferro, sobre todo en armas (espadas de antenas, falcatas, lanzas, puñais...) que formaban parte da panoplia do guerreiro lusitano (que durante anos se confundiu cos estatuas de guerreiros galaicos bracarenses a pesar de que estas estatuas só se dan no territorio galaico e non lusitano).
 
A súa cultura era típica da [[Idade do Ferro]] e conservouse parte da [[lingua lusitana]] a través das inscricións de Arroyo de la Luz ([[Estremadura, España|Estremadura]]), Cabeço das Fráguas (Guarda, Portugal), Lamas de Moledo ([[Viseu]]) e Arronches (Alto Alentexo, Portugal).
 
=== Relixión lusitana ===
A relixión dos lusitanos era politeísta de carácter panteísta<ref>Juan Carlos Olivares Pedreño "Los dioses de la hispania céltica" Real Academia de Historia</ref>; descoñécese moito sobre ela pero sábese que debía existir algo semellante aos druídas<ref>Estrabón "Xeografía" </ref> (que oficiaban sacrificios humanos para adiviñar o futuro) que se atopaban nos santuarios lusitanos de Panoias, Lamas de Moledo ou San Miguel da Mota.
 
Os seus deuses eran comúns a outros pobos veciños ([[Galaicos]], [[Vetóns]])<ref>Rosa Brañas, "Galaicos e Romanos na Galicia céltica" ed Toxosoutos 2000</ref>: