Bieito Cupeiro: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
m →‎O seu pensamento: Arranxos varios
Liña 12:
A mediados de xullo de [[1991]], Bieito fixo unhas declaración denda Arxentina a [[Radio Fene]]. Nesas declaración reflexiona sobre a galeguidade e o significado da emigración galega. Aquí quedan recollidos algúns anacos desa conversa:
 
* "O 25 de xullo sempre foi celebrado aquí na [[Arxentina]] cunha grande solemnidade e cunha grande devoción patriótica de tódolos [[pobo galego|galegos]] emigrados. Os festexos aquí duraban normalmente máis dunha semana, de maneira que había conferencias, actividades culturais, unha función no Teatro Colón...Participábamos nunha cantidade de cousas que, evidentemente, poñían de manifesto algúns dos aspectos máis importantes da nosa cultura galega e do fervor patriótico daqueles que tivémo-la desgraza de deixar esa terra fermosa, unha das terras máis bonitas do mundo, e afastarnos dela vivindo de suspiros e de [[saudade]] nunha terra afastada, pero sempre pensando en [[Galiza]], sempre co corazón posto na nosa patria."
* "A celebración do 25 de xullo para min significa a reafirmación categórica de que somos membros dun país diferenzado, un país cunha cantidade de virtudes (tamén con algún defecto naturalmente), pero cunha cantidade de virtudes esenciais. O feito de vivir lonxe da terra en contacto con outras colectividades, danos a nós, os galegos emigrados, a dimensión do noso valer. Nós, aquí na [[América]], na [[Arxentina]] e sobre todo nesta gran capital de Bois Aires loitamos, e triunfamos pero á beira doutras colectividades temos riscos moi destacados sobre todo no terreo societario. Somos a colectividade estranxeira que ten unha capacidade de asociación meirande de tódalas demais. Ningunha colectividade de aquí tivo nin ten aínda a capacidade asociativa que ten a colectividade galega."
* "Eu coido que ós veciños de Fene énchelles de satisfación comprobar que o labor que se fixo acá durante moitos anos por moitos patriotas que se esqueceron do seu propio interese persoal para dedica-los afáns a dinerar a [[Galicia]], a democratiza-la nosa terra e a conciencia-lo noso pobo deu os seus froitos. Éncheme, digo, de satisfacción ver que os veciños de [[Fene]] poden elixir libremente as autoridades que os han rexer. De maneira pois, que todo o esforzo realizado aquí, por tantos patriotas que ergueron a bandeira da democracia, da ceibe determinación do [[pobo galego]], da liberdade e da elevación da cultura.