Voo 587 de American Airlines: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Beninho (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
m →‎top: Arranxos varios
Liña 21:
}}
 
O '''voo 587 de American Airlines''' era un voo regular entre o [[Aeroporto Internacional John F. Kennedy]] en [[Nova York]] e o [[Aeroporto Internacional Las Américas]] de [[Santo Domingo de Guzmán|Santo Domingo]], na [[República Dominicana]]. O [[12 de novembro]] de [[2001]] o [[Airbus A300|Airbus A300-600]] que realizaba a ruta esnafrouse na veciñanza de Belle Harbor en [[Queens]], un dos barrios da cidade de [[Nova York]], pouco despois de despegar. Os 260 ocupantes do aparello morreron, xunto con cinco persoas en terra.
 
A localización do accidente e o feito de que ocorrese dous meses e un día despois dos [[atentados do 11 de setembro de 2001]] no [[World Trade Center]] de [[Manhattan]] inicialmente xerou temores de que se tratase dun ataque terrorista. O terrorismo foi oficialmente descartado como causa pola Xunta Nacional de Seguridade no Transporte (NTSB), que no seu lugar atribuíu o desastre ao uso escesivo dos controis do timón por parte do primeiro oficial en resposta a unha turbulencia de estela procedente dun [[Boeing 747|Boeing 747-400]] de [[Japan Airlines]] que despegara minutos antes. Segundo a NTSB, este uso agresivo causou que o estabilizador vertical rompese e se separase do avión. Os dous motores tamén se separarían antes de que o aparello golpease o chan.<ref>{{cita web|título=NTSB report on AA 587 spreads blame|url=http://www.ainonline.com/aviation-news/aviation-international-news/2007-02-01/ntsb-report-aa-587-spreads-blame|editor=AIN online|dataacceso=28 de xaneiro de 2017}}</ref>