Nicolas Malebranche: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
corrixo *ninguhna
Prebot (conversa | contribucións)
m Bot: Substitución automática de texto (-a penas +apenas)
Liña 33:
A idea de Deus cobra un peso propio no seu sistema filosófico. Continuador de [[Descartes]], ás veces supérao en canto á ''radicalidade'' das súas teorías. Para Malebranche, corpo e alma son entidades —ou substancias— ''inconexas'' e ''independentes'', entre as que non existe comunicación directa de ningún tipo. Todos os movementos que se efectúan entre os corpos, e entre a alma e o corpo, máis alá dos movementos internos da alma, terían en Deus á súa causa eficiente.
 
Estas relacións, establecidas pola [[razón]] divina mediante unha orde eterna e invariábel, poderían ser comprendidas polo entendemento, da mesma forma que o son as leis científicas. Os seres particulares non serían propiamente causas eficientes de nada do que ocorre, senón a penasapenas ocasións para o exercicio da causa única, que é Deus. Esta doutrina denomínase [[ocasionalismo]], porque causar é crear; e só Deus pode crear. Por iso, o movemento é un paralelismo (o que tamén sucede cos comportamentos humanos). Da alma non temos ningunha idea, senón simplemente unha [[persuasión]] interior. Deus, alén diso, contería en si mesmo todas as ideas como [[arquetipo]] das cousas. O coñecemento da verdade, por parte do home, consistiría, en última instancia, nunha visión de [[Deus]].
 
Destaquemos, unha vez máis: é '''Deus''' quen realiza a función de comunicar ambas as entidades e quen crea o [[coñecemento]] no home; pois, ao non haber contacto entre mente e corpo, o home por si só está ''imposibilitado'' para ''coñecer'' o [[mundo]]. A presenza de Deus na alma dos homes suple a súa carencia para coñecer outras entidades, pois o home —como quedou dito— ''ve en Deus'' o resto das cousas.