Piotr Kropotkin: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios
Liña 17:
O tema central dos numerosos traballos de Kropotkin foi a abolición de toda forma de goberno en favor dunha sociedade que se rexese exclusivamente polo principio da axuda mutua (título dun dos seus libros) e a [[cooperación]], sen necesidade de institucións estatais. Esa sociedade ideal (comunismo anarquista ou [[anarcocomunismo]]) sería o último paso dun proceso revolucionario que pasaría antes por unha fase de colectivismo (o [[anarcocolectivismo]], teoría en certos aspectos próxima ao tipo de comunismo exposto aquí). Quizais o seu libro máis importante para o pensamento anarquista sexa ''[[A conquista do pan]]'' (1892).
 
Na súa faceta de [[naturalista]], expuxo a importancia da cooperación como factor craveclave na evolución paralelo á competencia. O seu traballo máis famoso, ''[[Mutual Aid: A Factor of Evolution]]'' (''Axuda Mutua: Un Factor da Evolución''), escrito a partir das súas experiencias nas expedicións científicas durante a súa estancia en Siberia, critica as ideas de [[Thomas Henry Huxley]] e [[Herbert Spencer]] (pai do [[darwinismo social]]) que baseaban a selección natural na loita entre individuos.
 
As súas obras foron escritas tanto en inglés como en francés en principio popularizándose noutros idiomas como o castelán, actualmente existen exemplares en múltiples idiomas.