Orde de Santiago: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 4:
 
== Historia ==
[[Ficheiro:Giovanni Battista Tiepolo - St Jacobus in Budapest.jpg|250px|miniatura|esquerda|''Santiago Matamouros'' envolto no manto da Orde. [[Giovanni Battista Tiepolo]].]]
 
A orde fundouse no ano 1168 polos cabaleiros Pedro Fernández de Fuencalada,Rodrigo Álvarez(da [[Casa de Traba]]),Pedro Arias e outros señores feudais que tiveron o se bautismo de fogo como Orde cando no ano [[1170]] o rei [[Fernando II de León]] encargou a un grupo de cabaleiros coñecidos coma [[Fratres de Cáceres|os Fratres]] a defensa da cidade de [[Cáceres]], que tiveron que abandonar ó ser conquistada polos musulmáns. A segunda fundación, de tipo relixioso, hai que atribuírlla ó rei [[Afonso VIII de Castela]], coa aprobación do papa [[Alexandre III, papa|Alexandre III]] mediante unha bula outorgada o [[5 de xullo]] de [[1175]] que a converteu nunha orde supranacional, directamente responsábel perante o xefe máximo da [[cristianismo|Cristiandade]].
[[Ficheiro:Beltran de la Cueva.jpg|250px|miniatura|esquerda|[[Beltrán de la Cueva]] co hábito da orde a seu lado]].]]
Os cabaleiros da Orde de Santiago aceptaron os votos de pobreza e obediencia. Porén, ó organizárense pola regra dos [[Orde de Santo Agostiño|agostiños]] en vez da do [[Císter]], os seus membros non estaban obrigados a faceren voto de castidade e puideron contraer [[matrimonio]] (casados eran algúns dos seus fundadores). A bula do papa Alexandre III recomendaba o celibato. Nos Estatutos da fundación da orde precisábase: "''En conxugal castidade, vivindo sen pecado, semellan ós primeiros pais, porque mellor é casar que queimarse''".
 
=== A Orde en Castela e León ===
[[Ficheiro:Ucles Cuenca España Monasterio y Castillo. Ucles. Cuenca Spain. Monastery Headquaters of Sant Jacques Order..jpg|200px|miniatura|dereita|Mosteiro e castelo de [[Uclés]].]]
Afonso VIII cedeulle [[Uclés]] en [[1174]] á orde, sendo desde aquela a súa casa principal, de onde a designación usada nos primeiros tempos para a Orde como ''Orde de Uclés''. Máis adiante, en [[1211]], [[Moya]] e [[Mira, Cuenca|Mira]], ás que se unirían posteriormente [[Osa]], [[Campo de Criptana]], [[Pedro Muñoz]], [[Montiel]] e [[Alhambra]]. Os cabaleiros de Santiago participaron na reconquista das comarcas de [[Teruel]] e [[Castelló]] e combateron na [[batalla das Navas de Tolosa]] en [[1212]]. Os monarcas castelán-leoneses concedéronlles privilexios que permitiron á orde repoboar extensas rexións da [[Andalucía]] e [[Murcia]]. Durante o [[século XV]], a orde trasladou o seu radio de acción a [[Serra Morena]] e tomou como lugar habitual de residencia dos seus mestres a poboación de [[Llerena]] ([[provincia de Badaxoz|Badaxoz]]), proporcionando un alto crecemento tanto nesta poboación coma nos arredores.