Prusia (rexión): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xoio (conversa | contribucións)
Liña 64:
A rexión estaba orixinalmente ocupada por un [[pobos bálticos|pobo báltico]], os [[Borusia|borusios]] ou prusianos, cuxo nome deu por deformación o de "Prusia", así como por tribos escandinavas e godos. Ao redor do [[-350|350 a.C.]], [[Piteas]], un viaxeiro grego, designou o territorio co nome de "Mentenomon" e aos seus habitantes como "Guttones", que posteriormente deu o termo de "[[godos]]".
 
=== Chegada dos vikingosviquingos ===
Os [[viquingo]]s comezaron a penetrar na [[Europa oriental]] contra os [[século VII|séculos VII]] e [[século VIII|VIII]] e comerciaron cos borusios. Os mercados máis importantes deste comercio foron as cidades de [[Elbląg|Truso]] (hoxe Elbląg) e [[Mokhovoye|Kaup]], onde se estableceron un certo número de escandinavos. Truso ocupaba tamén unha posición central nas rotas comerciais do leste a través do [[mar Báltico]], e sábese que varios mariñeiros prusianos se encontraban tamén no porto sueco de [[Birka]].