Seta: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎top: Arranxos varios using AWB
Miguelferig (conversa | contribucións)
referencia para fecha
Liña 4:
[[Ficheiro:Fleche Cartailhac MHNT PRE 2009.0.232.2 simple.jpg|thumb|right| |alt=|<Center>Punta de seta do [[Neolítico]]</center>]]
[[Ficheiro:E38 p36.jpg|thumb|320px|Tipos de setas indíxenas.]]
Unha '''seta''' ou '''frecha'''<ref>{{DRAG|frecha}}</ref> é unha arma ou [[proxectil|proxéctil]] que consiste nunha barra fina rematada en punta, que ten unha peza feita xeralmente de plumas no outro extremo para manter a estabilidade e que se lanza mediante un [[arco (arma)|arco]] ou unha [[bésta]]. Empregado dende a prehistoria, é común á maioría das culturas.
 
Unha seta consiste nunha hasta longa e fina, con sección circular, feita orixinalmente de madeira e agora tamén de [[aluminio]], [[fibra de vidro]] ou de [[fibra de carbono|carbono]]. É afiada na punta ou armada cunha punta de frecha nunha extremidade, dispondo na outra dun engaste ''(nock)'' para fixación na corda do arco. Hai unha gran variedade dispoñíbel de tipos de puntas de seta, axeitándose ao uso que se dará á frecha: deportivo, [[cinexética|caza]] ou [[militar]]. Achegado á extremidade posterior da seta colócanse superficies de estabilización que constitúen a plumaxe da frecha, a fin de axudaren na estabilización da traxectoria de voo. Xeralmente en número de tres, as plumas dispóñense ao redor da hasta formando un ángulo de 120º entre si. Nas frechas modernas as plumas fabrícanse en plástico e fíxanse cunha cola especial.