George Town, Caimán: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
HacheDous=0 (conversa | contribucións)
Lameiro (conversa | contribucións)
corrixo *cautivos
Liña 208:
=== Finanzas ===
[[Ficheiro:Business Area of George Town.jpg|thumb|right| Edificios de negocios preto do centro de George Town]]
Os servizos financeiros xeraron en 2007 o 55% do total da economía, o 36% de todo o emprego e o 40% de todos os ingresos do goberno. As Illas Caimán actualmente ocupan o quinto lugar a nivel internacional en términos de valor dos pasivos reservados e sexto en términos de activos reservado. Ten sucursais de 40 dos 50 bancos máis grandes do mundo. Os bufetes de avogados máis importantes, como [[Maples and Calder]] establecéronse nas Illas Caimán. Do mesmo xeito, as grandes empresas de contabilidade, tales como [[KPMG]], [[Ogier]], [[Ernst & Young]] e [[Deloitte]] tamén están presentes. Como resultado, Caimán é líder en domicilios cautivos, rexistros de fondos de cobertura e é considerado un importante centro bancario internacional., Unun dos grandes [[paraíso fiscal|paraísos fiscais]] do mundo.
 
=== Turismo ===
[[Ficheiro:Waterfront, George Town, Grand Cayman.jpg|thumb|right| Liña costeira preto de Harbour House]]
George Town é un popular porto de escala para cruceiros no Caribe que recalan en George Town Harbour de martes a venres. Os cruceiros fan escala en George Town ancorando en alta mar e transportan aos seus pasaxeiros a terra en ''tenders'', tamén coñecidos como barcos de transporte. Os pasaxeiros desembarcan en George Town, no centro da zona comercial de Gran Caimán e adoitan permanecer nela desde a mañá ata media tarde.
 
As actividades dispoñibles para os turistas en George Town inclúen percorridos submarinos por George Town Harbour, excursións en barco con fondo de cristal, mergullo, parapente, excursións en barco charter, tours ás destilerías de ron, galerías de arte, un museo histórico, e por suposto, ir de compras e comer. Pola noite, a Praia das Sete Millas é sé de numerosas discotecas e bares. O paseo marítimo de George Town é tamén o fogar dunha tenda [[Harley-Davidson]], unha franquía [[Margaritaville]] de Jimmy Buffett, e un estudo de arte e restaurante [[Guy Harvey]]. O [[Ritz-Carlton Grand Cayman]] é o hotel máis grandioso da illa.