Isaac Peral: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios using AWB
Lameiro (conversa | contribucións)
corrixo *archipiélago
Liña 7:
 
== Traxectoria ==
No [[1883]] fíxose cargo da cátedra de Física-Matemática da Escola de Ampliación de Estudos da armada española. No 1885, trala denominada crise das Carolinas, na que [[Alemaña]] intentou arrebatar este archipiélagoarquipélago a España, Isaac Peral considerouse na obriga de comunicar aos seus superiores que tiña resolto definitivamente o reto da navegación submarina. Tras un rigoroso análise do seu proxecto, por parte dos máis cualificados científicos da mencionada Escola de Ampliación, estes deron a súa aprobación para que fose trasladado ó ministro da Mariña, Almirante Pezuela, quen recibiu o proxecto con caloroso entusiasmo. Mais os sucesivos ministros que lle sucederon, amosaron indiferenza ou aberta hostilidade (Almirantes Ródriguez de Arias e Beránger).
 
Malia todo e grazas ó apoio da Raíña Rexenta [[María Cristina de Habsburgo-Lorena|María Cristina]], o submarino foi finalmente botado o [[8 de setembro]] do [[1888]]. O buque medía 22 metros de eslora, 2,76 de puntal, 2,87 de manga e desprazaba 77 toneladas na superficie e 85 en inmersión. A propulsión obtíñase de dous motores eléctricos de 30 cabalos cada un, a enerxía suministrábaa unha batería de 613 elementos. Incorporaba ademais un tubo lanzatorpedos, tres [[torpedo(arma)|torpedos]], [[periscopio]], un sofisticado "aparato de profundidades", que lle permitía ó submarino navegar en inmersión á cota de profundidade desexada polo seu comandante e manter o trimado do buque en calquera intre, incluso tralo lanzamento dos torpedos. Incluía tamén tódolos mecanismos precisos para navegar en inmersión cara ao rumbo prefixado.