Método da raia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
Lameiro (conversa | contribucións)
corrixo *especime
Liña 1:
[[Ficheiro:Streak plate with Pyrite and Rhodochrosite.jpg|thumb|Placas raiadas por [[pirita]] (esquerda) e [[rodocrosita]] (dereita)]]
A '''raia''', '''risco''', '''trazo''' ou '''cor do po''' dun [[mineral]] é a cor do po producida cando se desliza con forza por unha superficie non [[meteorización|meteorizada]], e fornece así un método para clasificalo. En contraste coa cor aparente do mineral, que para a maioría pode variar considerablemente, o ronsel de po finamente moído ten xeralmente unha cor máis uniforme e característica, e polo tanto é unha ferramenta diagnóstica importante na [[identificación de minerais]]. Cando non se produce ningunha raia aparente, dise que é branca ou transparente. A raia é especialmente importante para os materiais opacos ou con cor, pero é menos útil para os [[silicato]]s, moitos dos cales teñen unha raia branca e son moi difíciles de pulverizar facilmente.
 
A cor aparente pode variar moito debido ás impurezas ou a que a estrutura macroscópica do [[cristal]] está deturpada. Unha pouca cantidade de impurezas que absorban unha determinada [[lonxitude de onda]] poden modificar drasticamente as lonxitudes de onda [[reflexión|reflectidas]] polo especimeespécime, e así modificar a cor aparente. Con todo, cando o especimeespécime se esborrexe para producir a raia rómpese en cristais orientados aleatoriamente, polo que as impurezas pequenas non afectan grandemente á absorción da luz.
 
A superficie ó longo da que se raia o mineral chámase ''placa de raiado'', e fabrícase normalmente de azulexo de porcelana non tratada. En ausencia desta placa de raiado, a base non vidrada dun pote ou recipiente de porcelana ou o dorso dun azulexo brillante pode valer. Ás veces, unha raia descríbese máis facil e axustadamente cando se compara coa raia doutra placa.