Dermápteros: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 26:
Son principalmente nocturnos e a miúdo agóchanse en pequenas gretas húmidas durante o día, pero son moi activos de noite, alimentándose dunha ampla variedade de insectos e plantas. Con frecuencia son culpados de danos nas follas e flores e nas colleitas, especialmente a cadela de frade común ''Forficula auricularia.''
 
Realizan cinco [[ecdise|mudas]] no ano antes de ser adultas. Moitas especies de dermápteros prestan coidados maternais ás crías, o que é inusualinfrecuente nos insectos. As femias de cadelas de frade coidan os seus ovos, e mesmo despois de que dos ovos saen as ninfas seguen coidando a súa descendencia ata que esta fai a súa segunda muda. Cando as ninfas fan a muda, empeza a observarse un [[dimorfismo sexual]], como diferenzas nas pinzas.
 
Coñécense algunhas especies fósiles clasificadas nas subordes extintas [[Archidermaptera]] (do ([[Triásico tardío]]) e [[Eodermaptera]] (do [[Xurásico medio]]). Moitas ordes de insectos consideráronse teoricamente como moi relacionadas cos dermápteros, aínda que os [[Grylloblattaria]] son os parentes máis probables.