Campo magnético: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
HacheDous=0 (conversa | contribucións)
Lameiro (conversa | contribucións)
corrixo *avanzo
Liña 16:
Unha consecuencia disto é o feito de que o campo magnético non pode ser un [[campo conservativo]], e daquela non ser irrotacional, presentando en xeral un [[rotacional]] que non se anula. Porén a súa diverxencia resulta nula por definición, polo que non hai fontes nin sumidoiros nun campo magnético, non hai "cargas magnéticas", ou máis correctamente, non hai [[monopolo magnético]]. E por isto mesmo as liñas de campo son sempre pechadas.
 
Para ter unha idea intuitiva do que é un '''dipolo magnético''', pódese considerar o caso máis sinxelo que o xera: o dunha corrente eléctrica circular. Neste caso o dipolo magnético é un vector perpendicular ao plano do círculo, co sentido de avanzoavance dun sacarrollas que xira coa corrente. O seu módulo vén dado polo produto de corrente e radio.
 
Un caso importante de material magnético é o do [[imán]]. É un material como a magnetita (imán permanente), o ferro imantado etc., que crea ao seu redor un campo magnético. A razón atópase no feito de ter na súa estrutura interna unha serie de [[dominio]]s, nos que os electróns presentan órbitas que dan lugar a momentos magnéticos paralelos, e ademais estes dominios están orientados dun mesmo xeito, fornecendo un momento resultante non nulo. O '''imán''' sempre presenta un polo norte e un polo sur, aínda que rompa cada anaco manterá os dous polos evidenciando de novo o feito de que as liñas de campo son sempre pechadas: saen do polo norte e entran de novo polo polo sur (ver a figura).