Wikipedia:Votacións/Wikipedia:Eliminación rápida/Proposta 2016: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Prevert (conversa | contribucións)
→‎Comentarios: datos e argumentos
Liña 44:
 
:{{@|Banjo}} para que non haxa dúbidas coas cuestións que expuxen e para que non se embarulle o debate: discordo co borrado automático de imaxes cargadas orixinalmente na Galipedia das que haxa duplicado en Commons, supón unha perda innecesaria (por razóns que expuxen arriba, se é necesario podo engadir máis aclaracións). No caso de imaxes coa toponimia deturpada (cando a imaxe procede de Commons) discordo que deban manterse esas imaxes co nome deturpado e se é necesario, se non hai outro mecanismo técnico (non sei se o renomeado de imaxes local serve), debería permitirse cargar esa imaxe aquí co nome correcto ou procurar as solucións precisas. Non estou falando de discutir en Commons os nomes nin das súas políticas senón do que se pode facer na Galipedia. Un cordial saúdo. --[[User:Prevert|Prevert]]<sup>[[User talk:Prevert|gl]]</sup> 11 de decembro de 2016 ás 20:42 (UTC)
 
{{Comentario}} Estou de acordo con Atobar en que retirar o punto en cuestión semella a mellor opción. Xa que é unha adaptación da [[:en:Wikipedia:Criteria_for_speedy_deletion#F8._Images_available_as_identical_copies_on_Wikimedia_Commons|versión en inglés]] non entendo moi ben a obxección á retirada.
Sei por propia experiencia que a eliminación rápida aforra moito tempo cando hai tantas tarefas pendentes no wiki, con todo, un cambio de tanta importancia (que pode conducir ao borrado de todas as imaxes locais agás un pequeno feixe) non debe de ir camuflado nun conxunto de directrices inocuas. Se deixamos a cuestión fóra podemos evitar o dilema dunha votación que supoña compensar coa suma de todo o bo e útil aquilo que non o é tanto. Se os bots comezan a subir todos os ficheiros, a redacción actual implica que en pouco tempo a base de datos podería quedar baleira.
As [[Especial:MediaStatistics|estatísticas]] indican que dispoñemos de ficheiros cun tamaño total de 14,99 GB (9.740 ficheiros hoxe en día), o último arquivo de descarga con todos os ficheiros locais dispoñibles de [ftp://ftpmirror.your.org/pub/wikimedia/imagedumps/tarballs/fulls/20121201/glwiki-20121201-local-media-1.tar decembro de 2012 suma 10,1 GB]. Confío en que no futuro haxa unha versión máis actualizada. Se aprobamos a redacción actual esa posibilidade desaparece.
Estamos falando, en esencia , de fotografías cargadas, na súa case totalidade, por usuarios da Galipedia que documentan a paisaxe e a natureza de toda Galicia. Fotografías ben etiquetadas coa licenza e a orixe correcta, clasificadas en categorías, cos nomes e as descricións en galego. Non hai ningunha necesidade de eliminalas.
Respecto a Commons temos que considerar que se se producen disfuncións ou problemas coa toponimia a nosa capacidade de actuación e moi limitada. A modo de exemplo, hai anos, cando houbo diferenzas sobre o respecto á toponimia de Galicia en Commons, non foi nas votacións onde se solucionou o problema senón que foi o traballo constante durante moito tempo de moitos colaboradores o que conseguiu ese respecto (sen esquecer que a toponimia de Galicia en inglés coincide coa galega).
Para rematar, polo xeral, non me gusta votar en contra. Preocúpame que se interprete no sentido de restar valor, non apreciar o esforzo, o tempo de dedicación ou a implicación persoal doutros compañeiros que manteñen vivo este proxecto cada día. Neste caso, son moitos os compañeiros os que contribuíron durante moito anos a construír o repositorio de imaxes de Galicia e, na miña opinión, paga a pena conservalo. Un cordial saúdo. --[[User:Prevert|Prevert]]<sup>[[User talk:Prevert|gl]]</sup> 12 de decembro de 2016 ás 15:55 (UTC)