Trastorno de personalidade paranoide: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios using AWB
Sen resumo de edición
Liña 1:
O '''[[trastorno de personalidade]] paranoide''' caracterízase esencialmente por un patrón de desconfianza e suspicacia xeral cara a outros, de forma que as intencións destes son interpretadas como maliciosas. Este patrón empeza ao principio da idade adulta e aparece en diversos contextos ([[DSM-IV]]).<ref name=Paranoide>{{cita web |url=http://personal.telefonica.terra.es/web/psico/dsmiv/dsmiv16.html#f60.0 |título=Trastorno paranoide de la personalidad |dataacceso=31 de marzo de 2012 |urlarquivo=https://archive.is/tPNDS|dataarquivo=2013-01-06}}</ref> Ocorre no 0,5 - 2,5% da poboación xeral, sendo máis común en individuos do sexo masculino e certos estudos revelaran unha certa estreita relación coa [[esquizofrenia]] e trastornos delirantes.<ref>GUNDERSON, J.G. & PHILLIPS, K.A. - Personality Disorders. In: KAPLAN, H.I.; SADOCK, B.J. - Comprehensive Textbook of Psychiatry, Baltimore, Williams & Wilkins, 6th, 1995, pp. 1434-6.</ref>
 
Os individuos con trastorno paranoide da personalidade pensan que os demais se van aproveitar deles. Se alguén, por exemplo, saúda a unha persoa con este problema, inmediatamente este pensará que quen o saúda "quere ou argalla algo". Teñen dúbidas inxustificadas sobre a "lealdade" dos seus amigos ou da fidelidade da súa parella, e cústalle aceptar que se equivocan. Aparentan ser fríos, pero realmente só é un intento de evitar que os demais coñezan os seus puntos débiles e poidan aproveitarse deles; son moi rancorosos, e nunca esquecen un [[insulto]] ou unha crítica.
 
As persoas paranoides teñen escasas relacións sociais, en parte, pola súa desconfianza cara ás persoas, pero isto tamén se debe a que adoitan provocar rexeitamento nos demais, debido ao seu comportamento hostil. De todos os xeitos, poden desenvolverse moi ben na vida, xa que non lles gusta que outros se ocupen dos seus asuntos.