Kuwait: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios
Liña 122:
'''O saúdo''': os kuwaitís tradicionalmente saúdanse dando a man e bicándose nas fazulas. Tradicionalmente os homes e as mulleres non intercambian máis que unhas palabras e quizais se dean a man como saúdo para respectar a privacidade da muller. Con todo, é común que mulleres e homes se biquen na fazula se están emparentados. Tamén é costume no saúdo facer longas series de preguntas sobre a saúde, a dos parentes, os seus traballos etc.
 
'''Té e café''': a hospitalidade móstrase a miúdo polo ofrecemento de [[té]] e [[café]]. É raro que ao hóspede que entra nunha casa, oficina ou mesmo nalgunhas tendas, non lle sexa ofrecido té ou café. Os [[beduíno]]s kuwaitís teñen por costume interpretar como un [[insulto]] que o hóspede rexeite o ofrecemento.
 
'''Comida''': a comida ten un papel importante na cultura Kuwaití. A comida tradicional de Kuwait é coñecida como ''Machboos'' e consiste en [[Ovella|cordeiro]], [[Galiña|polo]] ou [[peixe]] sobre ou mesturado cunha gran cantidade de arroz cocido, similar ao ''[[biryani]]'' [[India|indio]]. O prato principal compleméntase con salsas de [[curry]] e pequenos pratos adicionais. Tradicionalmente cómese coas mans, aínda que actualmente moitos prefiren comer con [[cubertos]] occidentais. Habitualmente a comida é preparada e servida en grandes cantidades e é moi habitual invitar a comensais para compartir a comida.