Sabaxáns, Mondariz: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
O carballo da Portela...
Liña 12:
}}
'''San Mamede de Sabaxáns''' é unha parroquia que se localiza no concello de [[Mondariz]]. Segundo o [[IGE]] en [[2013]] tiña 344 habitantes (181 mulleres e 163 homes), distribuídos en 8 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano [[1999]] cando tiña 433 habitantes.
 
No lugar da Portela, desta parroquia de Sabaxáns, levántase o denominado ''Carballo do Campo'', un [[carballo (árbore)|carballo]] excepcional, incluído dentro do [[Árbores senlleiras de Galicia|Catálogo de Árbores Senlleiras de Galicia]] desde 2011. A árbore ten unha altura de 35,80 m e un diámetro do fuste de 3,75 m (a 1,30 m de altura) <ref>[http://www.galiciaconfidencial.com/imprimir/8687.html Galiciaconfidencial.com]</ref>.
 
Non resulta posible confirmar que as seguintes cantigas se refiren a este carballo.
 
* ''Ó carballo da Portela/ pónselle a folla vermella: foi que veu por riba dil/ o demo dunha centella'' <ref>Xaquín Lorenzo Fernández, 116. No orixinal: ''de íl, de unha''.</ref>.
* ''O carballo da Portela/ ten a folla revirada/ que lla revirou o vento/ unha mañán de xiada'' <ref>Fermín Bouza Brey 1929, 162.</ref>.
* ''O carballo da Portela/ ten a folla revirada,/ que lla revirou o vento/ nunha mañá de xiada'' <ref>Xaquín Lorenzo Fernández, 116.</ref>.
* ''O carballo da Portela/ ten tres carros de madeira,/ un é meu e outro é teu,/ outro é de quen o queira'' <ref>Bouza Brey 1929, 162. Recollida en Vilagarcía, onde o Nomenclátor non recolle ningún lugar con ese nome.</ref>.
* ''O carballo da Portela/ xa non ten folla ningunha/ porque llas levou o vento/ seica todas, unha a unha'' <ref>Xaquín Lorenzo Fernández, 116.</ref>.
 
==Lugares e parroquias==
Liña 20 ⟶ 30:
 
==Véxase tamén==
=== Bibliografía ===
* [[Fermín Bouza Brey|BOUZA BREY, Fermín]]: "Cantigas populares da Arousa", en ''Arquivos do Seminario de Estudos Galegos'' III, 1929, 153-204 [en facsímile II].
* [[Xaquín Lorenzo Fernández|LORENZO FERNÁNDEZ, Xaquín]]: ''Cantigueiro popular da Limia Baixa'', Galaxia, Vigo 1973.
 
===Outros artigos===
*[[Lugares de Mondariz]]