Euskadi Ta Askatasuna: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Liña 300:
 
== Torturas ==
O debate sobre a [[tortura]] en España está profundamente ligado á historia de ETA. As torturas que algúns detidos teñen sufrido por parte das forzas policiais españolas, fundamentalmente durante a ditadura franquista, teñen contribuidocontribuído á deterioración da imaxe da administración española, á radicalización de ETA, e ó seu captamento de membros. E, á inversa, a escalada na adopción por ETA e outros grupos de métodos violentos permite que aínda despois da transición, se manteñan medidas como os interrogatorios sen avogado, ou a potestade de reter a un detido incomunicado durante cinco días sen permitirlle contactar coa súa defensa ou a súa familia<ref>[http://www.hrw.org/campaigns/migrants/docs/eu-counter-terrorism.pdf Informe de Human Rights Watch ao Parlamento Europeo]. {{en}}.</ref>.
 
Precisamente, o primeiro asasinato planeado por ETA foi contra [[Melitón Manzanas]] quen, como xefe da Brigada Político-Social de San Sebastián, tiña torturado a numerosos opositores ao réxime franquista.
 
As denuncias por torturas non cesaron coa [[Constitución española de 1978]], pero o goberno español afirma que as denuncias son falsas e se deben a unha consigna de ETA ós seus militantes. Os detidos acusados de pertencer a ETA alegan en moitos casos ter recibido torturas que non deixarían lesións duradeiras (asfixia, agresións sexuais, golpes ou presión nos xenitais, golpes con obxetosobxectos romos, descargas eléctricas, exposición ó frío, ameazas). En ocasións, os acusados si presentan marcas de lesións ó rematar a incomunicación, pero a policía alega que as inflinxiron os propios detidos a eles mesmos, que son resultado de caídas ou de forcexeos nos que os axentes se limitaron a defenderse.
 
Por outro lado as denuncias de tortura non se cinguen exclusivamente ás persoas acusadas de relación con ETA ou ó mundo abertzale, e tense denunciado tamén casos de tortura cara outros sectores sociais como poden ser os inmigrantes.