Euskadi Ta Askatasuna: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Liña 295:
O status político de Batasuna ten sido un tema moi controvertido. É considerada por moitos, incluíndo as cortes españolas, como o brazo político de ETA, a pesar de que o propio partido nega esta concepción. O parlamento comezou o proceso de ilegalización do partido en agosto de 2002 coa aprobación da Lei de Partidos Políticos que considera ilegais partidos políticos baseados en ideoloxías do odio ou que rexeitan condenar a violencia política. Isto foi fortemente criticado polo nacionalismo vasco, que o vían como algo ilegal: eles alegaron que calquera partido podería ser declarado ilegal por simple elección, mesmamente por non ter manifestado a súa clara oposición ó crime tras un atentado. O xuíz [[Baltasar Garzón]] suspendeu as actividades de Batasuna nun proceso paralelo, investigando a relación entre Batasuna e ETA, e as súas sés foron desaloxadas pola [[Ertzaintza]]. O tribunal supremo declarou a Batasuna finalmente ilegal o [[18 de marzo]] de [[2003]]. O tribunal considerou que Batasuna tiña numerosos vínculos con ETA e que era, de feito, parte dela.
 
Un novo partido chamado [[Aukera Guztiak]] (Tódalas opcións) foi fundado para as eleccións ó parlamento vasco en abril de 2005. Os seus apoios negaban ser herdeiros de Batasuna, afirmando que o seu desexo era permitir aos cidadáns vascos expresar as súas ideas libremente, incluso aquelas sobor a independencia. No campo da violencia política, Aukera Guztiak dixo que estaba no seu dereito a non condearcondenar algún tipo de violencia máis que outro se eles non vían ataque (neste senso, o [[MLNV]] mantén que a acción policial e outra forma de violencia). Porén, moitos dos seus membros e moito do seu liderado estaba formado por antigos votantes e afiliados de Batasuna, e o Tribunal Supremo considerou unanimamente ó partido herdeiro de Batasuna e o ilegalizou.
 
Trala prohibición de Aukera Guztiak, e menos de dúas semanas antes das eleccións, outro grupo político naceu como un cisma de [[Herri Batasuna]], o EHAK ([[Euskal Herrialdeetako Alderdi Komunista]]) un partido político antigamente descoñecido que non tiña representación no [[Parlamento Vasco]], fixo o anuncio de que eles aplicarían os votos que recibisen para o programa da plataforma Aukera Guztiak. Obtiveron 9 escanos (12,44% dos votos).