Euskadi Ta Askatasuna: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Liña 140:
 
==== Resolución no congreso para o diálogo ====
Despois de múltiples intentos de atentados frustrados pola policía e a [[garda civil]], ETA propuso unha tregua pouco antes das eleccións do [[17 de abril]] de 2005 ó Parlamento Vasco. A resposta do goberno foi unha petición a ETA para que abandonase as armas como condición de calquera negociación. Entre tódalas forzas políticas españolas das Cortes (partidos políticos vascos incluidosincluídos) había consenso en que o Estado non faría concesións de tipo político á banda terrorista.
 
O [[17 de maio]] de 2005, aprobouse no Congreso unha resolución do PSOE na que se autoriza o diálogo con ETA se se producen as condicións adecuadas para un final dialogado da violencia, como unha clara vontade para poñer fin á mesma e actitudes inequívocas que poidan conducir a esa convicción. Esa resolución, que contou co apoio de tódolos grupos políticos agás o [[Partido Popular]] (192 votos a favor e 142 en contra), dicía explicitamente que ''"as cuestións políticas deben resolverse unicamente a través dos representantes lexítimos da vontade popular. A violencia non ten prezo político e a democracia española nunca aceptará a chantaxe."''
 
Un mes despois, o [[19 de xuño]], ETA anunciaba que suspendía dende o 1 de xuño as súas accións terroristas contra cargos políticos electos, tendo en conta o que, na súa opinión, fóra o fracaso do [[pacto antiterrorista]]. Esta tregua foi matizada uns días despois para aclarar que as Autoridades do Estado e quen ten responsabilidades de goberno están excluidosexcluídos desta medida e polo tanto si podían sufrir atentados.
 
Até marzo de 2006, ETA continuou colocando bombas en instalacións de entidades públicas, de empresas do [[País Vasco]], e en vías de comunicación. Porén, sinalizou a maior parte das bombas colocadas ó longo de 2005 e 2006 con avisos como "Perigo bomba".