Verza: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios using AWB
Lameiro (conversa | contribucións)
→‎As verzas na cultura popular galega: saco información para artigo propio
Liña 57:
== Literatura ==
A [[escola Kailyard]], na [[literatura escocesa]], que incluíu autores como [[James Matthew Barrie|J. M. Barrie]] (autor do ''[[Peter Pan]]''), caracterizábase por temas relacionados coa vida rural tradicional escocesa. ''Kailyard'' significa "campo de verzas".
 
== As verzas na cultura popular galega ==
Para cura-la tose das [[vaca]]s, dáselles unto de [[porco]] envolto nunha folla de verza e crese que ''sana de contado''.
 
Para as [[Frieira (medicina)|frieiras]] e as queimaduras utilizábanse [[couselo]]s fritidos en [[aceite]], envoltos logo nunha folla de verza que se mete na borralla para que quente, e despois, ben quentes, póñense sobre as frieiras.
 
Aníbal Otero recolle a crenza de que se se refregan as [[espulla]]s cunha verza encontrada ''de fertuna'' no camiño, curan axiña. Cómpre, logo, botar con ela nun lugar onde nunca máis se pase.
 
=== Locucións ===
* Estar nas verzas: estar distraído, non decatarse de nada.
* Ser [algo ou alguén] como o unto ás verzas: dise dunha cousa ou dunha persoa que veñen moi ben para conseguir un obxectivo.
 
=== Refraneiro ===
* As verzas de Fontán cóllense por san Sebaschán.<ref>Fontán é lugar da parroquia e concello de Sada. San Sebastián é o 20 de xaneiro.</ref>
* As verzas por xaneiro saben a carneiro.
* As verzas quéroas untadas e as patacas fariñentas, e para compango, do porco quero costelas salpresas.
* Bica quente con touciño éche o caldo das mulleres, e vén o home da arada e roe as verzas, se as quere.
* Cal de verzas, cal de papas ataquémo-las barazas.<ref>''Baraza'' é unha atadura de corda delgada, cinta etc., coa que se ata calquera cousa. ''Ataca-las barazas'' ven sendo desface-lo no que pecha un saco.</ref>
* Cando non é por verzas, é por fío negro.
* Canto máis unto, millores verzas.
* Dálle verzas en agosto se queres ver ó teu home morto.
* En xaneiro, a verza é carneiro.
* En xaneiro, verza vella val carneiro.
* Foise o boi ás verzas e non deixou verdes nin secas.
* Hai máis que verzas na ola, que hai ulido de cazola.
* Pote sen verzas, sen unto nin sal, pódeselle ó gato dar.
* Se perguntades por verzas, meu pai ten un patacal.
* Se queres ó teu marido matar, dálle verzas por san Xoán.
* Unto e boas verzas xa fan bo caldo.
* Verza moita e pouca troita.<ref>Aplícase para significar que unha comida foi frouxa.</ref>
* Verza, ¿por que non cociches? -Porque antes non me metiches.
* Verza, ¿por que non cociches? -Porque non me remexiches.
* Verzas e nabos, pra nun entrambos.
* Verzas en xaneiro saben coma carneiro.
* Verzas que non has comer, déixaas cocer.
* Vezouse o burro ás verzas e non deixou verdes nin secas.
 
=== Cantigueiro ===
* Aquela vella do diaño/ seica a tentou o pecado,/ botou as verzas no pote/ remexeunas co forcado.
* Ben sei o mal que padeces/ e as pedras en que tropezas;/ para praticar comigo/ eres moi férvelle as verzas.
* Miña nai ten unto vello/ do cocho que ha de matar,/ e na horta ten as verzas/ das coles que ha de prantar.
* Miña nai ten unto vello/ dun cocho que ha de matar/ tamén ten berzas na horta/ das coles que ha de prantar.
* Para boas mozas, Sada,/ para repolos, Osedo,/ para coles castellanas/ o campo de Samoedo.<ref>Osedo, parroquia de Sada próxima á capital; Samoedo, lugar e parroquia tamén de Sada.</ref>
* Non quero verzas con unto, nin nabizas con aceite...
 
=== Adiviñas ===
* É tan grande como unha pulga/ e ten orellas maiores cás dunha burra.<ref>Solución: a semente da verza e a planta xa crecida, de grandes follas.</ref>
* Éche de verzas,/ sábeche ben,/ fabiñas poucas,/ patacas catro,/ e, do unto,/ como a lingüiña/ dun gato.<ref>Solución: o caldo galego.</ref>
* Limpé de catro pés/ quixo comer a limpé dun pé/ e limpé de dous pés/ tornou a limpé de catro pés/ para que limpé de catro pés/ non comera a limpé dun pé.<ref>Solución: a cabra (''limpé de catro pés''), o cañoto da verza (limpé dun pé) e o home (limpé de dous pés).</ref>
* ¿O que é, que é,/ do tamaño dunha pulga,/ e deita unhas orellas/ coma as dunha mula?
 
== Notas ==