Escudo de Gales: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m →‎top: Arranxos varios
Liña 30:
O '''escudo de [[Gales]]''' foi aprobado no mes de maio do ano [[2008]] para ser empregado como símbolo oficial pola Asemblea e Goberno autónomos do País de Gales.
 
Consiste nun escudo cuartelado de ouro (o primeiro e terceiro cuartel) e [[goles]] (o segundo e cuarto cuartel), catro leóns [[pasantes]] (un en cada cuartel). No primeiro e cuarto cuartel o león é de goles e no segundo e terceiro, de ouro, e todos eles están armados de azur.
 
Está todo rodeado por unha cinta de sínople (verde) bordeada de ouro e cargada co lema “PLEIDIOL WYF I'M GWLAD” (''Son fiel á miña terra''), escrito en letras do mesmo metal. A cinta está rodeada por unha coroa formada polos símbolos vexetais de Gales, [[Escocia]], [[Irlanda do Norte]] e [[Inglaterra]]: o [[Amarelle (planta)|narciso]], o [[cardo]], o [[trevo]] e a [[Rosa Tudor|rosa heráldica]]. Ó timbre, a [[Coroa de San Eduardo]], que é a coroa real do [[Reino Unido]].