Casa de Lancaster: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xoio (conversa | contribucións)
arranxiño
m Arranxos varios
Liña 21:
== A Guerra das Dúas Rosas ==
Henrique VI foi un monarca marcado pola súa delicada saúde mental, sufrindo ao longo do seu reinado varias crises. No ano de 1461 o seu primo, Eduardo de York, decidiu arrebatarlle a coroa e proclamarse a sí mesmo [[Eduardo IV de Inglaterra]]. Henrique, tan pronto como foi quen de volver a loitar, recuperou o seu trono en 1470, aínda que Eduardo lograría recuperalo tan só un ano despois.
Finalmente, o antigo monarca morreu en catividade en 1471, xusto catorce días despois do seu fillo e herdeiro, [[Eduardo de Westminster]], na [[Batalla de Tewkesbury]]. Deste xeito, a Casa dos Lancaster atopábase sen herdeiro directo do famoso Xoán de Gante.
 
Ámbalas dúas casas nobiliarias empregan nos seus emblemas unha rosa, vermella para os Lancaster e branca para os York. Deste xeito, o conflito establecido entre as dúas familias coñécese co nome de "[[Guerra das Dúas Rosas]]".
Liña 33:
A herdanza dos Lancaster, coñecida co nome do [[Ducado de Lancaster]], rematou nas mans dos gobernantes da Casa Real Inglesa, que ostentan o título de Duques de Lancaster. No 2007 o patrimonio do Ducado foi valorado en 397 millóns de libras, sendo así a principal fonte de recursos da coroa.
 
Por outra banda, a rosa vermella, icona da antiga familia real, é aínda hoxe o emblema da cidade inglesa de Lancaster, ademais de representar tamén á cidade estadounidense homónima no estado de [[Pennsylvania]], coñecida como a Cidade da Rosa Vermella.
 
Hoxe en día, aínda que con bases pacifistas, as cidades de Lancaster e York manteñen certas rivalidades. Deste xeito, o campionato deportivo entre as universidades de ámbalas dúas cidades é coñecido co nome de "Roses Tournament" (Torneo das Rosas).