Constanza II de Sicilia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xoio (conversa | contribucións)
arranxiño
m Arranxos varios
Liña 29:
}}
 
'''Constanza II de Sicilia''', tamén coñecida como '''Constanza de Hohenstaufen''', '''Constanza de Suabia''' e '''Constanza de Aragón''', nada en [[1247]] en [[Catania]], [[Reino de Sicilia]], e finada o [[8 de abril]] de [[1302]] en [[Barcelona]],<ref name=AE>{{Harvsp|Albertí i Casas, Elisenda|2007|pp= 59-72.}}</ref> <ref name=G>[http://fmg.ac/Projects/MedLands/SICILY.htm#Constanzadied1302A#ES Constanza of Sicily] en Sicily/Naples: counts & kings, Cap. 3. Projets MedLands {{en}}</ref> foi [[Reino de Aragón|raíña consorte de Aragón]] e de [[Reino de Valencia| Valencia]] e [[Condado de Barcelona|condesa consorte de Barcelona]] (1276-1285), e [[Reino de Sicilia|raíña de Sicilia]] (1282-1302), despois da intervención [[Reino de Aragón|aragonesa]] durante a [[Vésperas sicilianas]], conxuntamente co seu marido.<ref>{{Harvsp|Pierotti Cei, Lia|1995|p= 214.}}</ref>
 
Foi proclamada [[beato|beata]] pola [[Igrexa Católica]].<ref>[http://www.santiebeati.it/dettaglio/93585 Beata Costanza d’Aragona].</ref>
Liña 49:
[[Ficheiro:Napoli, costanza e pietro d'aragona, pierreale d'oro, 1282-85.jpg|miniatura|esquerda|200px|Moeda de ouro do reinado de Pedro I e Constanza II de Sicilia, cuñada contra 1282-85.]]
 
Constanza, entón, como última e lexítima herdeira dos [[Hohenstaufen]], intentou tomar posesión do Reino de Sicilia, empuxando ao su marido a intervir nos asuntos deste Reino (cousa que, ademais, favorecía os intereses de Pedro pola expansión da [[Reino de Aragón|coroa aragonesa]] polo [[Mediterráneo]]).<ref>{{Harvsp|Pierotti Cei, Lia|1995|p= 22.}}</ref>
 
En [[1276]] Costanza, xunto co seu marido, foi coroada como raíña consorte de Aragón, en [[Zaragoza]], probabelmente o [[17 de novembro]], {{Harvnp|Soldevila, Ferran |1995a|p=90}} nunha cerimonia na que Pedro cancelou a vasalaxe que co [[papado]] concertara o seu avó [[Pedro II de Aragón|Pedro II]] (o que ocasionou, loxicamente, un enfrontramento co [[papa]].
 
Pedro III, que pretendía reconquistar o Reino de Sicilia para a súa esposa, mantivo contactos coa [[nobreza]] que estaba descontenta coa dominación [[Casa de Anjou|anxevina]], en [[1281]] promoveu unha [[cruzada]] contra os territorios [[musulmán]]s dlo [[norte de África]] e, sen nin a aprobación nin o diñeiro pedido ao [[papa]] [[Martiño IV, papa|Martiño IV]], en xuño de 1282 desembarcou na [[Bérber|Berbaría]], non lonxe de [[Túnez]]. Tras a revolta das [[Vésperas sicilianas]] da primavera de [[1282]], Constanza persuadiu ao seu esposo para que apñoiara aos sicilianos. Pedro aceptou e en agosto desembarcou en [[Trapani]], con 600 soldados e 8 000 [[almogávares]] (forzas [[mercenario|mercenarias]] de choque, formadas por infantaria lixeira, que servían principalmente á Coroa de Aragón, famosos pola súa valentía e crueldade).
 
[[Carlos de Anjou|Carlos I de Anjou]], que o [[25 de xullo]] sitiara [[Messina]], despois do desembarco dos aragoneses tratou en van de facer un último asalto á cidade, e logo retirouse. Pedro ocupou pouco despois o resto da illa. Constanza foi coroada raíña de Sicilia en [[Palermo]] o [[30 de agosto]] de [[1282]], xunto co seu esposo. Ambos os dous gobernaron conxuntamente (aínda que os sicilianos consideraban a Constanza como a verdadeirao soberana), e foron cuñadas moedas coas nom es de ambos. De feito, porén, gobernou sobre todo o marido.{{Harvnp|Runciman, Steven|2009|p= 55}}.
 
Inmediatamente despois da coroación, Pedro enviou unha embaixada a Carlos de Anjou, que se encontraba en Mesina, instándoo a recoñecelo como rei de Sicilia e a abandonar a illa. A derrota da frota anxevina en Nicoreta, a mans do almirante Roger de Lauria, obrigou a Carlos a deixar Mesina e refuxiarse na parte continental do seu Reino (onde tiña a súa capital, [[Nápoles]]). A dominación anxevina conclúe na illa e conduce á división do Reino de Sicilia en 1282 no "reino de Sicilia peninsular" ou "reino de Nápoles", baixo dominio anxevino, e o "reino de Sicilia insular", baixo dominio aragonés.<ref>[http://ec.aciprensa.com/wiki/V%C3%ADsperas_Sicilianas Vísperas Sicilianas]. En ecwiki, Enciclopedia católica on line {{es}}. Consultada o 3 de novembro de 2016.</ref>
 
=== Últimos anos ===
Despois da morte do seu marido en [[1285]] Constanza continuou ocupándose do goberno de Sicilia, en nome do seu fillo [[Xaime II de Aragón|Xaime]], ao que prefiriu deixar a titularidade da coroa dos seus antepasados.
 
Só despois da morte do primoxénito Afonso (1295), cando en [[1297]] Xaime concluiu a paz cos franceses e abandonou Sicilia e ao seu irmán Federico á súa sorte, Constanza, deixando en Sicilia ao seu fillo favorito, volveu a Aragón. Decidiu, segundo o seu desexo, dedicarse á meditación e á vida relixiosa retirándose na clausura dun convento de clarisas en Barcelona, onde pasou os últimos anos da súa vida.{{Harvnp|Pierotti Cei, Lia|1995|p= 120}}
Liña 76:
 
== Descendencia ==
O matrimonio de Constanza II de Sicilia con Pedro III de Aragón tivo os seguintes fillos:<ref name=AE/> <ref>[http://fmg.ac/Projects/MedLands/ARAGON%20&%20CATALONIA.htm#_Toc173982994#ES Aragon, kings. Cap. 3. Kings of Aragon (Condes de Barceloa)] en Projets MedLands {{en}}</ref>
* [[Afonso III de Aragón]] (1261-1291), [[Reino de Aragón|rei de Aragón]], [[Reino de Valencia|de Valencia]] e [[Reino de Mallorca|de Mallorca]], e [[Condado de Barcelona|conde de Barcelona]].
* [[Xaime II de Aragón]] (1267-1327), [[Reino de Aragón|rei de Aragón]], [[Reino de Valencia|de Valencia]], [[Reino de Mallorca|de Mallorca]], [[Reino de Sardeña|de Sardeña]] e [[Reino de Sicilia|de Sicilia]], e [[Condado de Barcelona|conde de Barcelona]].
Liña 136:
 
[[Dante Alighieri]], ''[[Divina Comedia]]'', Purg. c. III, vv. 112-117 e 142-145.
 
 
{{Sucesión
Liña 144 ⟶ 143:
| sucesor = [[Xaime II de Aragón|Xaime I]]
}}
 
 
== Notas ==
Liña 173 ⟶ 171:
=== Ligazóns externas ===
* [http://dbd.cat/fitxa_biografies.php?id=445 "Constança de Sicília i de Savoia"] ''Diccionari Biogràfic de Dones''. Barcelona: Associació Institut Joan Lluís Vives. {{ca}}. Consultada o 3 de novembro de 2016.
* [http://www.santiebeati.it/dettaglio/93585 Beata Costanza d’Aragona. Regina]. En ''Santi, beati e testimoni - Enciclopedia dei santi'', santiebeati.it {{it}}. Consultada o 3 de novembro de 2016.
 
{{ORDENAR:Constanza II de Sicilia}}
 
{{Control de autoridades}}
 
{{ORDENAR:Constanza II de Sicilia}}
[[Categoría:Historia de Italia]]
[[Categoría:Historia de Sicilia]]