Brooklyn Nets: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Liña 106:
=== Nacen os Brooklyn Nets ===
[[Ficheiro:Deron Williams Nets 2.jpg|thumb|[[Deron Williams]] (2011−2015).]]
En 2004, despois de fracasar nun acordo para construír un novo estadio en [[Newark, Nova Jersey|Newark]], YankeeNets vendeu a franquía a un grupo liderado polo empresario inmobiliario Bruce Ratner por 300 millóns de dólares. O grupo, vendo a imposibilidade da construción dun novo pavillón en [[Nova Jersey]], anunciou os seus plans de levar de volta o equipo a Nova York, concretamente ao distrito de [[Brooklyn]]. Tras a finalización da construción do novo pavillón, chamado [[Barclays Center]], o [[23 de abril]] de [[2012]], os Nets xogaron o seu último partido en Nova Jersey, onde perderon por 87-105 contra os [[Philadelphia 76ers]]. O seu na temporada {{nbay|2011}} foi de 22 victoriasvitorias por 44 derrotas.
 
Tras o traslado a Brooklyn, o propietario do equipo, o multimillonario [[Rusia|ruso]] Mikhail Prokhorov, prometeu que o equipo loitaría desde a súa primeira temporada en [[Nova York]] polo campionato. O primeiro paso sería renovar ao piar do equipo, [[Deron Williams]], para tratar de construír con el un equipo aspirante desde o comezo. Tras fallar no traspaso do [[pivote (baloncesto)|pivote]] [[Dwight Howard]] dos [[Orlando Magic]], os Nets asinaron ao [[escolta (baloncesto)|escolta]] [[Joe Johnson]], naquel momento estrela dos [[Atlanta Hawks]]. Ademais, tamén renovaron a [[Gerald Wallace]] e a [[Brook Lopez]]. O primeiro partido na historia dos Brooklyn Nets foi ante os [[Toronto Raptors]], con vitoria para os neoiorquinos por 107-100. Ao final da fase regular o equipo acaba cun rexistro de 49 vitorias por 33 derrotas, o que lles permite ocupar o segundo posto da [[División Atlántico da NBA|División Atlántico]] e xogar os Playoffs polo título. Nas eliminatorias, a pesar de ter a vantaxe como local, fracasan ao caer en primeira rolda ante os [[Chicago Bulls]], que conseguiron a vitoria na serie tras gañar aos Nets no seu pavillón no sétimo partido por 93-99.