Hatshepsut: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios
Substitución automática de "Egypt.Thutmose-III.statue.jpg" por "Egypt_Queen_Pharaoh_Hatshepsut_statue.jpg" segundo o ordenou [[commons:User:Commons
Liña 105:
 
Os golpes que sufriu Hatshepsut en torno ao ano 16 do seu reinado foron tan grandes que a partir de entón a raíña retirouse parcialmente do cargo e o outro rei, Tutmosis III, comezou a tomar as rendas do goberno. Ao parecer, a ambición de Hatshepsut era aínda máis grande e non estaba satisfeita con ser ela soa "faraón", senón que se propuña inaugurar unha auténtica dinastía feminina de reis, e por esa razón declarou "Herdeira" á súa amada filla Neferura. A morte da princesa foi tan repentina e favorable a Tutmosis III que hai quen pensa que foi intencionada, e que conseguiu o seu obxectivo: derrubar á raíña-faraón.
[[Ficheiro:Egypt.Thutmose-III. Queen Pharaoh Hatshepsut statue.jpg|miniatura|200px|Tutmosis III, correxente e sucesor de Hatshepsut.]]
Hatshepsut acabou por morrer no seu palacio de Tebas tras un longo reinado de 22 anos, abandonada por todos. Ignórase a idade da súa morte, pero supomos que debería oscilar entre os corenta e os cincuenta anos. Ata agora non se sabía como morreu exactamente, se foi morte natural ou durante un golpe de estado liderado polo seu fillastro, pero hai que dicir que Tutmosis III era virtualmente o único rei, e que Hatshepsut retirouse da loita.