Clemente IV, papa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
Xoio (conversa | contribucións)
arranxos
Liña 3:
'''Clemente IV''', nado en [[Saint-Gilles, Gard|Saint-Gilles-du-Gard]] en [[1202]] e finado en [[Viterbo]] o [[29 de novembro]] de [[1268]], foi o [[Papa]] nº 183 da [[Igrexa católica]] de [[1265]] a [[1268]].
== Traxectoria ==
Guido le Gros Foulques naceu en 1202 na localidade francesa de Saint-Gilles. Eminente xurista e conselleiro do rei [[Luís IX de Francia]], foi ordenado sacerdote cara a 1256, tras falecer a súa esposa. Foi nomeado, sucesivamente, bispo de [[Le Puy]] (1257), arcebispo de [[Narbona]] (1259) e [[cardeal]] (1261). En 1265, resultou elixido papa ''in absentia'', pois se atopaba nunha misión diplomática en [[Inglaterra]]. Do mesmo xeito que os seus antecesores, rivalizou coa familia [[Hohenstaufen]] (liñaxe xermánica unida, desde 1138, ao trono do [[Sacro Imperio Romano]]) e, en 1266, nomeou rei[[Reino de NápolesSicilia|rei ede Sicilia]] (co nome de Carlos I) a [[Carlos de Anjou]]. A cambio, este axudoulle a derrotar a Conradino ([[ConradoManfredo Vde Sicilia]]), rexente de Conradino, aliado dos [[xibelinos]], a quen mandou executar (extinguíndose así a [[dinastía Hohenstaufen]]).
=== Carreira eclesiástica ===
Á morte da súa esposa, ingresou nun mosteiro [[franciscano]] de onde, en [[1256]], foi reclamado para ocupar o bispado de Puy, cargo que ocupou ata que en [[1259]] foi nomeado arcebispo de Narbona para, finalmente, converterse, en [[1261]], no primeiro cardeal nomeado polo papa [[Urbano IV, papa|Urbano IV]].
Liña 11:
O feito máis significativo durante o seu pontificado foi o enfrontamento que desencadeou a desaparición da dinastía dos Hohenstaufen, casa que fornecera os emperadores do Sacro Imperio Romano Xermánico desde [[1138]].
 
En efecto, seguindo a política dos seus predecesores ao obxecto de frear a [[Manfredo de Sicilia|Manfredo]], fillo ilexítimo do falecido [[emperador]] [[Federico II de SiciliaHohenstaufen|Federico II]], mantivo o ofrecemento da coroa de [[Sicilia]] a Carlos de Anjou, irmán do rei francés Luís IX.
 
Clemente IV comezou entón a predicación dunha ''Cruzada siciliana'' que culminou coa organización dun exército que derrotou e deu morte a Manfredo na [[Batallabatalla de Benevento (1266)]]. Só quedaba un membro da dinastía, [[Conradino de Hohenstaufen|Conradino de Suabia]], sobriño de Manfredo e fillo de [[Conrado IV]] quen tentando recuperar a coroa de Sicilia enfrontouse en [[1268]] a Carlos de Anjou na [[Batalla de Tagliacozzo]] sendo feito prisioneiro e executado en [[Nápoles]].
 
As profecías de [[San Malaquías]] refírense a este papa como ''Draco depresus'' (''O dragón perdido ou vencido''), cita que fai referencia ao feito de que no seu escudo de armas aparece unha aguia aprisionando entre as súas garras un dragón.
 
Á súa morte, os graves enfrontamentos no seo do [[colexio cardinalicio]], deixaron sumida á Igrexa nun período de [[interregno]] de case tres anos. Finalmente, foi elixido sucesor seu [[Gregorio X, papa|Gregorio X]].
== Véxase tamén ==
{{commonscat|Clemens IV}}
 
=== Outros artigos ===
* [[Carlos de Anjou]]
* [[Manfredo de Sicilia]]
* [[Güelfos e xibelinos]]
 
=== Ligazóns externas ===
* Biografía "[http://www.clement4.com Le pape, le roy et l'alchimiste : Clément IV - saint Louis - Roger Bacon]"
* [http://www.enciclopediacatolica.com/c/clemente4papa.htm Biografía da Enciclopedia Católica]
 
{{commonscat|Clemens IV}}
{{Control de autoridades}}