Pedrafita do Cebreiro: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Outros artigos: Arranxos varios using AWB
Imxavitooh (conversa | contribucións)
Liña 51:
}}
'''Pedrafita do Cebreiro''' (do [[latín]] ''petra ficta'', 'pedra cravada, miliario ou monumento megalítico, consistente nunha gran pedra colocada verticalmente' e ''cebrarium'', 'lugar onde hai moitos asnos bra­vos', tamén chamados onagros e 'cebros' < (e)quos feros + -arium (sufixo abundancial).<ref>[[Fernando Cabeza Quiles|Cabeza Quiles, F]]: ''Toponimia de Galicia''. [[Vigo]]. [[Editorial Galaxia]]. 2008, 703 páxs. ISBN 978-84-9865-892-1. Páxs. 326, 428, 492.</ref>) é un concello da [[provincia de Lugo]], pertencente á [[comarca dos Ancares]]. Segundo o padrón municipal ([[INE]] [[2015]]) conta con 1.119 habitantes (599 homes e 520 mulleres). O seu xentilicio <small>(véxase no Galizionario)</small> é «{{Dic|cebreirego}}».
 
== Xeografía ==
Atópase na zona montañosa do leste da [[provincia de Lugo]], no límite coa [[provincia de León]], en plena [[serra dos Ancares]]. Cunha altitude de 1.098 metros na capital municipal, é o concello máis alto da provincia e tamén de toda [[Galicia]]. Os principais picos son O Faro (1.615 m), Muralla (1.480 m), Area (1.402 m) e Carballeda (1.392 m). No concello nacen os ríos [[Río Navia|Navia]] e [[Río Lor|Lor]].
 
Limita ao norte con [[Cervantes]] e [[As Nogais]], ao oeste con [[Triacastela]] e [[Samos]], ao sur con [[Folgoso do Courel]] e ao leste cos concellos [[Provincia de León|leoneses]] de [[Barxas, León|Barxas]] e [[A Veiga de Valcarce]].
 
== Demografía ==