Escenografía: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios
Liña 20:
 
Francia debía intervir para consolidar as novas conquistas. León Moussinac, experto nesta materia, di respecto diso: ''O sistema moderno de decorados de tea pintada, é dicir, de decoracións sucesivas na substitución de decorados simultáneos foi creado por Mahelot e Laurent, quen traballaron para [[Molière]]''. Desta época é [[Giovanni Niccolo Servandoni]], gran [[escenógrafo]] que montou os mellores espectáculos de ópera. Foi durante o século XVII cando naceu a decoración teatral propiamente dita, na que puxo entón o artista a súa orixinalidade e o aporte da súa personalidade.
== As novas tendencias na escenografía ==
[[Ficheiro:View of a performance on stage from the wings.jpg|miniatura|Representación vista entre bastidores, na actualidade]]
Todo contribúe á formación das novas tendencias escenográficas para que os problemas deixen de ser de orde exterior. As habitacións péchanse con paredes e plafóns, porque o naturalismo esixe unha realidade, ambiente que non se consegue con bastidores e telóns de fondo. O gas substitúe a iluminación coa [[candea]] e aceite. En 1887, o Teatro Libre de Antoine, en París, buscaba a verdade no decorado facendo aparecer unha fonte da que brotaba auga durante a representación. As estéticas sucédense como as teorías; así vemos como o simbolismo necesita dunha nova fórmula (1890): ''A decoración debe ser unha pura ficción ornamental que complete a ilusión polas súas analoxías de cor e de liñas co drama''. Pintores como [[Maurice Denis]] e [[Odilón Redon]] adheríronse a este principio e un home de teatro como Lugné-Poé deu o seu talento ás iniciativas do momento no ''teatro de l’Oeuvre''
 
Todos os ballets de [[Sergei Diagilev|Diagilev]] (1909) descobren escenógrafos da talla de Backs, Benois e Roerich. En Alemaña traballábase con entusiasmo baixo as directivas de [[Max Reinhardt]], e de [[Constantin Stanislavski|Stanislavski]], director do Teatro de Arte de [[Moscova]] e unha das figuras da vangarda. En Inglaterra existía [[Edward Gordon Craig|Gordon Craig]], un xenio do teatro, que loitaba por dar un estilo ao escenario para que non se confundise coa realidade. [[Adolfo Appia]] e [[George Fuchs]] proxectaban iniciativas profundas.
 
== Véxase tamén ==