Benito Losada Astray: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 13:
Unha vez xubilado do seu posto de xeneral médico militar, comezou a dedicarse á creación literaria. Tras o falecemento da súa muller, sumiuse nunha gran tristura que reflectiu nos versos "Recordos". Logo viría a novela curta ''Votos eternos'' de estilo romántico. En 1883 rematou outra das súas novelas en castelán ''Paca'', na que narra minuciosamente as longas xornadas dunha viaxe en dilixencia de Santiago a Madrid a mediados do XIX. Consérvase un manuscrito en castelán dun relato tráxico romántico titulado "Mario", que non chegou a publicarse.
 
Da súa obra destacan ''Poesías'' (1878), o seu libro máis romántico; ''Soazes d’un vello'' (1886) premio literario de ''[[La Voz de Galicia]]'' e publicado por esta editorial ([[Biblioteca Gallega]]) e posteriormente con "Contiños dá Terra" na terceira parte de ''Soazes d´un vello''. Ten publicada por entregas un novela curta co título "Por un retrato" na revista ''Galicia'' da Coruña. Tampouco están publicadas dúas das súas novelas en castelán ''Lola'' e ''Votos Eternos''. A lenda "Afronta, daga e vieira" incluída en ''Soazes d´un vello'' é un fermoso relato en tempo medieval na que aparecen castelos e paraxes da bisbarra do Ulla, nobres violentos e sufridas heroínas, na que está presente encontros, amores secretos, fuxida fracasada, xuramento, anagnórises, arrepentimento e múltiple desenlace infausto. Pero polo que é máis coñecido Benito Losada é pola trintena de poemas soltos ''Contiños'' (1888) de signo costumista e polos seus epigramas. Estas composicións, posúen un marcado carácter picaresco, cheas de alusións maliciosas, o cal motivo algunhas críticas, entre elas de [[Pardo Bazán]], por considerar que resultaban chocarreras e de mal gusto.
 
Foi Benito Losada un poeta áxil e solto que coñecía ben o galego. Negábase a ser fotografado, como ben recorda o seu amigo [[Enrique Labarta Pose]] en versos que escribe na revista da [[Real Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago]]. Só se coñecía a súa imaxe a través do debuxo que figura na portada do número 6 da revista ''[[La Pequeña Patria]]''. Finalmente atopouse unha fotografía escrita no reverso que di"Lector se o nome saber lle agrada direino ao momento Benito Losada".