Xavier Villaverde: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 4:
En súper 8 e en galego filma ''A Semente'' en 1977. Vencellado ó Equipo Imaxe roda en 16mm o documental Circos (1979). En 1982 realiza en claves neorrealistas a súa primeira curtametraxe en 35mm, ''Tacón''. Comeza a destacar no campo da creación en vídeo, sendo a obra máis coñecida dos seus principios ''Veneno Puro'' de [[1984]]. Con ''Viúva Gómez'' e ''Sexo Macumba'' insiste no mesmo estilo experimental. A curtametraxe ''Alicia en Galicia'' (1986) recibe o primeiro premio no 16º [[Festival Internacional de Cinema de Montreal]].
 
En [[1989]] realizou a súa primeira longametraxe, ''[[Continental]]''. Logo adicouse un tempo a realización de publicidade para dez anos máis tarde volver a dirección cinematográfica con ''[[Fisterra, onde termina o mundo]]'' ([[1999]]). A súa terceira longametraxe, tralo éxito de crítica e público de ''Fisterra'', foi un filme de suspense e terror psicolóxico,[[ ''[[Trece Badaladas'']]'', baseada nunha idea do escritor [[Suso de Toro]] e rodada entre febreiro e maio do 2012 en Santiago de Compostela.
 
Despois de compartir a produción executiva da opera prima de Rodrigo Cortés, [[Concursante]] (2007) estreou [[O sexo dos anxos]] no 2012.