Diferenzas entre revisións de «Lingua meglenorromanesa»

m
→‎top: Arranxos varios
m (→‎top: Arranxos varios)
O '''megleno-romanés''' é unha [[lingua romance]] integrante do conxunto das linguas romances orientais, emparentado co [[lingua romanesa|romanés]] que se fala nalgunhas poboacións do norte de [[Grecia]] e o sur da [[Antiga República Iugoslava de Macedonia]].
 
Os falantes deste idioma denomínanlle ''vlaheshte'' ([[Valaquia|valaco]]), mentres que en romanés, do cal moitas veces é considerado un dialecto, chámaselle ''limba meglenoromână''. O megleno-romanés é falado en [[2006]] por tan só entre cinco mil e doce mil persoas, principalmente no val do río Meglená, poucos quilómetros ao nordés de [[Salónica]], nas prefecturas gregas de [[Kilkís]] e [[Serres]] e en menor número na [[República de Macedonia]] inmediatos á fronteira grega próxima ao Meglená. Ao concluír a [[Primeira Guerra Mundial]] uns 1.200 megleno-romaneses emigraron cara [[Romanía]] estabelecéndose no poboado de [[Cerna]], distrito de [[Tulcea]] mais, dadas as afinidades lingüísticas, o idioma megleno-romanés diluíuse ante o idioma [[lingua romanesa|dacorrumano]].<br />
 
É moi probable que o megleno-romanés derive do [[lingua arromanesa|arromanés]], por outra banda, dadas as moitas afinidades co [[lingua istrio-romanesa|istro-romanés]] algúns lingüistas consideran que o megleno-romanés é transnacional entre o arromanés e o istro-romanés.
393.002

edicións