Basílica do Sacré Cœur: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}
m →‎top: Arranxos varios
Liña 1:
[[Ficheiro:Basilica(Paris).JPG|miniatura|dereita|180px|Vista do Sacré-Coeur dende abaixo]]
 
A '''Basílica do Sacré-Cœur''' (en galego, do Sagrado Corazón) é un edificio de [[París]] ([[Francia]]), situado no alto do outeiro de [[Montmartre]].
 
Trátase dunha [[basílica]] adicada ao Sagrado Corazón de Xesús (en francés, ''Sacré Cœur de Jésus''). Inicialmente foi concibida como un monumento público para render homenaxe á memoria dos numerosos cidadáns franceses que perderan a vida durante a [[Guerra franco-prusiana]] e para expiar os pecados cometidos pola [[Comuna de París|comuna]]. Foi o arquitecto [[Paul Abadie]] quen gañou o concurso para a súa construción.
 
A primeira pedra colocouse en [[1875]], e aínda que se completou en [[1914]], non se consagrou ata o fin da [[Primeira Guerra Mundial]], en [[1919]]. A igrexa foi construída coa participación directa do goberno da [[Terceira República Francesa|Terceira República]], para celebrar así o comezo dun novo réxime, cuxas leis constitucionais foron votadas ese mesmo ano.
 
Aínda que moi controvertido, é un dos monumentos máis visitados de [[París]]. A basílica ten forma de [[cruz grega]], adornada con catro cúpulas: o [[cúpula|domo]] central, de 80 m de altura, está tocado por unha [[Lanterna (arquitectura)|lanterna]], formada por unha columnata. Na [[ábsida]], unha inmensa [[Torre (construción)|torre]] cadrada fai as veces de campanario que garda, entre outras, ''La Savoyarde'', unha campá de 3 m de diámetro e máis de 26 t de peso, ofrecida pola diocese de Chambéry. A cripta posúe a mesma disposición cá igrexa, e é unha das curiosidades da basílica.
 
A [[arquitectura]] da basílica inspírase na [[arquitectura romana]] e [[Arquitectura bizantina|bizantina]] e influíu noutros edificios relixiosos do [[século XX]], por exemplo a [[basílica de Sainte-Thérèse de Lisieux]]. É posible acceder á basílica tomando o [[funicular de Montmartre]].
 
== Ligazóns externas ==