Uruk: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
{{sen referencias|data=xullo de 2015}}
m →‎top: Arranxos varios
Liña 1:
{{sen referencias|data=xullo de 2015}}
{{Mesopotamia}}
'''Uruk''' ([[Lingua sumeria|sumerio]] ''Unug,'' bíblico ''Erech'', [[lingua grega|grego]] ''Orchoë'' e [[lingua árabe|arábico]] ''Warqa'') foi unha cidade antiga de [[Sumeria]] , situada ao leste do leito do río [[Eufrates]], na liña da antiga canle Nil, nunha rexión de pantanos a 225  km ao SSE de [[Bagdad]]. A teoría de que o nome moderno [[Iraq]] deriva do nome Uruk non está comprobada.
 
No seu apoxeo Uruk probablemente tiña entre 50.000 a 80.000 habitantes nunha zona amurallada duns 6 quilómetros cadrados, a maior cidade do mundo nesa época. Uruk foi unha das primeiras cidades do mundo, cunha gran poboación formada por xente dunha rexión no canto de estar unida por vínculos de familia como era típico dos pobos e vilas de eras previas. Uruk foi testemuña do xurdimento da civilización na Mesopotamia coa súa burocracia, e a súa sociedade estratificada e militar, estivo habitada durante cinco mil anos, desde a cultura de el Ubaid ata a época parta.