Zéro de conduite: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m →‎top: Arranxos varios
Liña 25:
'''''Zéro de conduite''''' é unha película de 1933 dirixida polo [[director de cine|director]] [[Francia|francés]] [[Jean Vigo]]. Estreada por primeira vez o 7 de abril de 1933, estivo prohibida desde entón en Francia ata o 15 de febreiro de 1946.
 
A película trata exhaustivamente as experiencias escolares de Vigo para retratar un sistema educativo institucional e represivo no que teñen lugar actos de rebelión surrealistas. O título refírese á cualificación que o rapaz obtén e que lle impide saír o domingo. Tamén amosa a influencia da obra de teatro ''[[Ubu Roi]]'', de [[Alfred Jarry]].
 
Aínda que a película non tivo un éxito inmediato, demostrou posuír unha influencia duradeira. [[François Truffaut]] rendiu unha homenaxe a ''Zéro de conduite'' na súa película ''[[Les Quatre Cents Coups]]'' copiando, practicamente fotograma a fotograma, a escena na que unha liña de escolares que corren por [[París]] vai perdendo un a un os seus membros debido ás atraccións da cidade. A película ''[[if....]]'', de [[Lindsay Anderson]], é na súa totalidade unha reinvención menos caprichosa de ''Zéro''.