Lalín: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xas (conversa | contribucións)
m →‎Orixe e historia: engado outro
Xas (conversa | contribucións)
Liña 57:
En tempos prehistóricos, xa estiveran poboadas estas terras. Así o testemuñan os [[castro (poboado)|castros]] de [[Donramiro, Lalín|Donramiro]] e [[Goiás, Lalín|Goiás]], a pouca distancia de Lalín, e mesmo o castro que algúns historiadores sitúan no lugar que hoxe ocupa o parque do aviador Loriga, sobre o que na época sueva se construíu unha torre-fortaleza. Precisamente ao abeiro desta fortaleza medieval xurdiu o casal da Torre, que con outros casais illados formou o primitivo núcleo urbano de Lalín no [[século XIX]]. Torre-fortaleza que logo pasaría aos Suárez de Deza-Churruchao, e nos últimos tempos, antes da súa destrución, ao [[Conde de Lemos]]. Derrubado en [[1846]], só quedou en pé ata os primeiros anos deste século a torre da homenaxe, á beira da que se erguía un vello carballo chamado "da manteiga". A finais do [[século XVIII|XVIII]], o lugar da Torre estaba formado por sete casas, nas que se daba comida e aloxamento a moitos feirantes, que concorrían ás dúas feiras mensuais, e aos viaxeiros que transitaban de Ourense a Santiago, e de Lugo a Pontevedra.
 
En Lalín editáronse os periódicos ''[[La Defensa (Lalín)|La Defensa]]'' (1905-1909), ''[[La Lucha (Lalín)|La Lucha]]'' (1916-1918), ''[[Verdad y Justicia (Lalín)|Verdad y Justicia]]'' (1922-1924) e ''[[Razón (Lalín)|Razón]]'' (1933-1934).
 
A vila de Lalín, formada xa polos casais da Torre, Barrio de Abaixo, Tirabeque, Cacharela, Pontillón e outros, contaba en [[1930]] con pouco máis de trescentos veciños. Virían logo os anos do desenvolvemento e do progreso, ata converterse nos nosos días na vila máis importante{{cómpre referencia}} da Galicia Central.