Lévedo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
[[Ficheiro:Compressed fresh yeast - 1.jpg|miniatura|dereita]]
Denomínase '''lévedo''' ou fermento a calquera dos diversos [[Fungo (bioloxía)|fungos]] microscópicos unicelulares que son importantes pola súa capacidade para realizar a [[fermentación]] de [[hidrato de carbono|hidratos de carbono]], producindo distintas substancias. O lévedo máis utilizado é o da especie ''[[Saccharomyces cerevisiae]]'', que se emprega na elaboración de [[pan]], [[viño]] ou [[cervexa]].
Pódense reproducir asexual ou sexualmente. Durante a [[reprodución asexual]], un brote novo crece fóra do lévedo nai cando se dan as condicións apropiadas, entón, despois de que o brote alcance un tamaño do adulto, sepárase. Cando os nutrientes son escasos os lévedos son capaces da [[reprodución sexual]] por medio de [[espora]]s. Existen tamén lévedos artificiais, consistentes en compostos químicos que producen un efecto similar na cocción, do estilo do [[bicarbonato de sodio]].