Afonso V de Portugal: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 13:
Coas campañas africanas terminadas, D. Afonso V atopou novas batallas, desta vez políticas, na [[Península Ibérica]] e na veciña [[Coroa de Castela|Castela]], onde un escándalo de consecuencias dinásticas acababa de comezar. O rei [[Henrique IV de Castela]] morreu en [[1474]], tendo como única herdeira Dona [[Xoana a Beltranexa|Xoana, princesa de Castela]]. Mais a paternidade da princesa era contestada con base na suposta homosexualidade do rei e na relación da raíña, [[Xoana, princesa de Portugal|Xoana de Portugal]] irmá de D. Afonso, cun nobre chamado [[Beltrán de la Cueva]]. A nobreza e o clero estaban divididos, e unha parte apoiou a irmá de D. Henrique e tía de D. Xoana, coroada como raíña [[Isabel I de Castela|Isabel I]]. É neste punto que D. Afonso V interfire, casando en [[1475]] coa sobriña e asumindo as súas pretensións ao trono. D. Afonso V declárase rei de Castela e invade o país veciño. A campaña resulta en fracaso, cando D. Afonso abandona o campo da [[batalla de Toro]], onde as tropas de Castela liderounas o rei [[Fernando II de Aragón]], recentemente casado con Isabel. D. Afonso procurou aínda o apoio de [[Luís XI de Francia]], mais ao verse traizoado regresa a Portugal en [[1477]]. Desilusionado e con síntomas de depresión, D. Afonso retírase para un mosteiro en [[Sintra]] e abdica para o fillo [[Xoán II de Portugal|Xoán]]. Téndose retirado da vida política, morre en 1481.
 
XaceuXace no [[Mosteiro de Batalha|Mosteiro de Santa María da Vitoria]], na [[Batalla (Portugal)|Batalla]].
 
=== Descendencia ===